Proceso selectivo: Policía Local

2023

06
Out
2023
Resolución adxudicación destinos proceso de provisión por mobilidade nos corpos de PL de Galicia, escala básica, categoría de policía

Resolución do 3 de outubro de 2023 pola que se fai pública a adxudicación de destinos obxecto do proceso de provisión por mobilidade nos corpos de policía local de Galicia, escala básica, categoría de policía (DOG número 86, do 05.05.2023).

 

03
Out
2023
Resolución terceira do 03.10.2023 pola que se publican as cualificacións provisionais da primeira proba

Resolución terceira do 3 de outubro de 2023 do tribunal designado por Resolución do 18 de xullo de 2023 publicado no DOG número 142 do 27 de xullo para cualificar o proceso selectivo de acceso por oposición libre nos corpos de policía local de Galicia, escala básica, categoría de policía, convocado mediante orde do 19 de abril de 2023 (DOG número 86, do 5 de maio).

03
Out
2023
Resolución segunda do 03.10.2023 pola que se publican as cualificacións provisionais da primeira proba

Resolución segunda do 3 de outubro de 2023 do tribunal designado por Resolución do 18 de xullo de 2023 publicado no DOG número 142 do 27 de xullo para cualificar o proceso selectivo de acceso por oposición libre nos corpos de policía local de Galicia, escala básica, categoría de policía, convocado mediante orde do 19 de abril de 2023 (DOG número 86, do 5 de maio)

 

 

03
Out
2023
Resolución do 03.10.2023 pola que se fai publica a listaxe provisional de cualificacións do primeiro e segundo exercicio realizados o día 23 de setembro de 2023

Resolución do 3 de outubro de 2023 do tribunal designado pola Resolución do 18 de xullo de 2023 publicado no DOG núm. 142 do 27 de xullo, para cualificar o proceso selectivo de acceso por oposición libre nos corpos de policía local de Galicia, escala básica, categoría de policía, convocado mediante orde do 19 de abril de 2023 (DOG número 86, do 5 de maio) polo que se fai publica a listaxe provisional de cualificacións do primeiro e segundo exercicio realizados o día 23 de setembro de 2023.

 

02
Out
2023
RESOLUCIÓN  pola que se fai pública a baremación definitiva do proceso de provisión por mobilidade nos corpos de Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía

Resolución do 29 de setembro de 2023, do tribunal designado pola Orde do 27 de xullo de 2023 (DOG núm. 148, do 4 de agosto de 2023), que cualifica o proceso de provisión por mobilidade nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía, convocado mediante a Orde do 19 de abril (DOG núm. 86, do 5 de maio), pola que se fai pública a baremación definitiva do proceso de provisión por mobilidade nos corpos de Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía, de acordo ao establecido na base 5 da convocatoria de dito proceso, incluíndo as correccións efectuadas a vista das alegacións presentadas.

 

Ficheiros:

 

23
Set
2023
Cuestionario e cadro de respostas correctas do 1º exercicio (proba de coñecementos) do proceso selectivo unitario para o acceso e ingreso nos corpos de policía local de Galicia, escala básica, categoría de policía, quenda de acceso libre

Para visualizar os contidos preman nos seguintes enlaces:

Concédense dous días (24 e 25 de setembro) para presentar alegacións ás preguntas do cuestionario, a contar desde o día seguinte ao da publicación do cadro de respostas correctas na páxina web da Academia Galega de Seguridade Pública. Para axilizar a súa resolución ponse a disposición dos/as opositores/as o seguinte enderezo de correo electrónico: seleccion.agasp [at] xunta.gal (seleccion[dot]agasp[at]xunta[dot]gal). Na alegación é imprescindible indicar nome, DNI, pregunta e motivo.

19
Set
2023
Resolución 18.09.2023 do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o acceso por oposición libre nos corpos da  policía local de Galicia, escala básica, categoría de policía, pola que se lle da publicidade a diversos acordos

Resolución do 18 de setembro de 2023 do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo de acceso por oposición libre e o proceso de provisión por mobilidade nos corpos da  policía local de Galicia, escala básica, categoría de policía, convocados pola Orde do 19 de abril de 2023 (DOG núm. 86, do 5 de maio), pola que se lle da publicidade a diversos acordos.

14
Set
2023
Portas de chamamento para o primeiro e segundo exercicio do proceso de acceso libre na categoría de policía PR461B

Portas de chamamento para o primeiro e segundo exercicio do proceso de acceso libre na categoría de policía

O vindeiro 23 de setembro, en chamamento único que comezará ás 10:00 da mañá, no Recinto Feiral de Silleda, terán lugar o primeiro e segundo exercicio do proceso de acceso por oposición libre nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía.

No seguinte enlace pode consultar portas de chamamento ordenada por apelidos e nome

-Listaxe alfabético 

Non está permitido o acceso ao recinto onde se vai a desenvolver o exercicio con teléfonos móbiles, reloxos intelixentes ou calquera outro aparato electrónico. Non se habilitará ningún servizo para a súa recollida ou depósito.

As persoas  aspirantes deberán manter en todo momento visibles os pavillóns auditivos durante a realización do exercicio e non se permite o uso de prendas de cabeza.

As persoas convocadas deberán ir provistas de:

a. DNI ou documento fidedigno que acredite a súa identidade.

b. Lapis número 2, goma de borrar e bolígrafo (o bolígrafo só para o segundo exercicio)

08
Set
2023
RESOLUCIÓN  pola que se fai pública a baremación provisional do proceso de provisión por mobilidade nos corpos de Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía

Resolución do Tribunal designado pola Orde do 27 de xullo de 2023 (DOG núm. 148, do 4 de agosto de 2023), que cualifica o proceso de mobilidade nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía, convocado mediante a Orde do 19 de abril (DOG núm. 86, do 5 de maio), pola que se fai pública a baremación provisional do proceso de provisión por mobilidade de 22 prazas dos corpos de Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía, subgrupo C1, con indicación da puntuación obtida por cada aspirante.

 

Ficheiros: