Policía nacional

A Policía Nacional é un instituto armado de natureza civil, con estrutura xerarquizada, que ten como misión protexer o libre exercicio dos dereitos e liberdades e garantir a seguridade cidadá, con ámbito de actuación en todo o territorio nacional.

Dita misión materialízase mediante o desempeño das funcións atribuídas polo ordenamento xurídico á Policía Nacional, e en particular as previstas na Lei Orgánica 2/1986, do 13 de marzo, de Forzas e Corpos de Seguridade.

A atribución, ordenación e desempeño de funcións e responsabilidades baséanse no principio de xerarquía.

O mando superior da Policía Nacional é exercido polo Ministro do Interior, a través do Secretario de Estado de Seguridade. O mando directo é exercido polo Director Xeral da Policía, baixo a autoridade do Secretario de Estado de Seguridade.

Os funcionarios de carreira da Policía Nacional reciben a denominación xenérica de Policías Nacionais.

O 16 de novembro de 2015 publicábase no Boletín Oficial do Estado a Resolución do 4 de novembro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica do Ministerio do Interior, pola que se publica o Convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para a colaboración en materia de formación e actualización do persoal dos Corpos de Seguridade do Estado destinados na Comunidade Autónoma de Galicia.

Desta forma, a Academia amplía a formación, ademais de aos colectivos históricos como a Policía Local e a Policía Autonómica (UPA), á Policía Nacional que exerce as súas funcións na Comunidade Autónoma en todos aquelas actividades que de mutuo acordo desexan realizar.

Con este convenio complétase a formación dos colectivos que compoñen as Forzas e Corpos de Seguridade, ao incluír o mesmo tamén á Garda Civil.

Cursos relacionados

493 resultados obtidos para a busca de... Policía nacional
Presencial 18/06/24
Pontevedra
Estrada, A
Presencial 13/06/24
Pontevedra
Estrada, A
Presencial 10/06/24
Pontevedra
Estrada, A
Presencial 06/06/24
Pontevedra
Estrada, A
En liña co exame presencial 27/05/24
Pontevedra
Estrada, A
Presencial 21/05/24
Pontevedra
Estrada, A
Presencial 13/05/24
Pontevedra
Estrada, A
Presencial 06/05/24
Pontevedra
Estrada, A
Presencial 26/04/24
Pontevedra
Estrada, A
Amosar 9 | 18 | 36

Instagram

Material
multimedia