O vindeiro 24 de outubro de 2022, en chamamento único que comezará ás 10:00 da mañá, no Recinto Feiral de Silleda, terán lugar o primeiro e segundo exercicio do proceso de acceso por oposición libre nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía.
Nos seguintes enlaces pode consultar:
-Listaxe cos portas de chamamento ordenada por apelidos e nome
-Listaxe coas portas de chamamento ordenada por número de porta
Non está permitido o acceso ao recinto onde se vai a desenvolver o exercicio con teléfonos móbiles, reloxos intelixentes ou calquera outro aparato electrónico. Non se habilitará ningún servizo para a súa recollida ou depósito.
As persoas aspirantes deberán manter en todo momento visibles os pavillóns auditivos durante a realización do exercicio e non se permite o uso de prendas de cabeza.
Non se permitirá ás persoas aspirantes que asistan con acompañantes ao recinto dos exames.
As persoas convocadas deberán ir provistas de:
a. DNI ou documento fidedigno que acredite a súa identidade.
b. Lapis número 2, goma de borrar e bolígrafo (o bolígrafo só para o segundo exercicio)