Garda civil

A Garda Civil é un Corpo de Seguridade Pública de natureza militar e ámbito nacional que forma parte das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

A súa orixe remóntase ao 28 de marzo de 1844 cando, por Real Decreto, se crea a Garda Civil como un “corpo especial de forza armada de Infantería e Cabalería”, coa “denominación de Gardas Civís”.

Depende do Ministerio do Interior en canto a servizos, retribucións, destinos e medios, e do Ministerio de Defensa en canto a ascensos e misións de carácter militar.

Ademais, atende as necesidades do Ministerio de Facenda relativas a Resgardo Fiscal do Estado, e vela polo cumprimento das normas e regulamentos relacionados cos diferentes órganos da Administración Central, a Autonómica e a Local.

O 16 de novembro de 2015 publicábase no Boletín Oficial do Estado a Resolución do 4 de novembro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica do Ministerio do Interior, pola que se publica o Convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para a colaboración en materia de formación e actualización do persoal dos Corpos de Seguridade do Estado destinados na Comunidade Autónoma de Galicia.

Desta forma, a Academia ampla a formación, ademais da os colectivos históricos como a policía local e a policía autonómica (UPA), á Garda Civil que exerce as súas funcións na CCAA en todas aquelas actividades que de mutuo acordo desexan realizar.

Con este convenio complétase a formación dos colectivos que compoñen as Forzas e Corpos de Seguridade, ao incluír o mesmo tamén á Policía Nacional.

Ver menos

Cursos relacionados

Busca avanzada
738 resultados obtidos para a busca de: Seguridade Pública
17
Nov
2026
Presencial
17/11/26 - 17/11/2026
A Estrada. Pontevedra
27
Out
2026
Presencial
27/10/26 - 29/10/2026
A Estrada. Pontevedra
Inscrición aberta ata o 14/10/2026
20
Out
2026
Presencial
20/10/26 - 22/10/2026
A Estrada. Pontevedra
Inscrición aberta ata o 02/10/2026
08
Out
2026
Presencial
08/10/26 - 08/10/2026
A Estrada. Pontevedra
Inscrición aberta ata o 24/09/2026
07
Out
2026
Presencial
07/10/26 - 07/10/2026
A Estrada. Pontevedra
Inscrición aberta ata o 21/09/2026
17
Set
2026
Presencial
17/09/26 - 18/09/2026
A Estrada. Pontevedra
Inscrición aberta ata o 20/07/2026
10
Set
2026
Presencial
10/09/26 - 11/09/2026
A Estrada. Pontevedra
Inscrición aberta ata o 20/07/2026
07
Set
2026
Presencial
07/09/26 - 07/09/2026
A Estrada. Pontevedra
Inscrición aberta ata o 27/07/2026
03
Xul
2026
Presencial
03/07/26 - 03/07/2026
A Estrada. Pontevedra
Inscrición aberta ata o 20/06/2026
Amosar 9 | 18 | 36