Servizos e instalacións

edificio principal AGASP desde vista aérea

 

A Academia, co fin de levar a cabo as súas actividades, conta cun recinto pechado cuxa superficie, de máis de 180.000 m2, alberga unha edificación principal con máis de 10.000 m2 útiles.

Estas instalacións están formadas por unha residencia con 60 habitacións, con capacidade para unhas 200 persoas (dependendo de como se distribúan), ampla variedade de aulas, laboratorios, salas para o estudo, conferencias e xuntas, un salón de actos, instalacións deportivas, un campo de tiro, zonas de descanso, unha cafetería e restaurante.

Tal variedade de infraestruturas permiten a realización de todo tipo de actividades de estudo ou formación, tales como seminarios, mesas de traballo, cursos, conferencias, etc.

Instalacións

AGASP AGASP

Academia de Seguridade Pública Galega

Aulas Aulas

Actualmente os alumnos da Academia dispoñen dun total de 11 aulas…

Biblioteca Biblioteca

A biblioteca da Academia pon a disposición de alumnos e docentes…

Laboratorios Laboratorios

A Academia conta, nas súas instalacións, con catro laboratorios:…

Residencia Residencia

A Academia Galega de Seguridade Pública conta cunha residencia con…

Salas Salas

A Academia conta con diversas salas, todas elas acondicionadas cos…

Salón de actos Salón de actos

O salón de actos da Academia, con capacidade para 400 persoas, é o…