Botón de navegacion
Entra no teu espazo e accede de maneira automática á información que che interesa e os cursos de formación do teu colectivo.
O decreto 115/2017, do 17 de novembro (modificado polo decreto 20/2019), regula a cooperación entre a Xunta de Galicia e os concellos galegos na selección do persoal dos seus Corpos da Policía Local, vixiantes municipais e auxiliares da Policía Local.
A través de convenios nos cales os concellos ceden a competencia na selección da Policía Local á Xunta de Galicia, que convoca os diferentes procesos selectivos conforme a demanda existente e de acordo co establecido no referido decreto 115/2017.