Maxistrados / Xuíces / Fiscais / Letrados AP / Avogados do estado e médicos forenses

  • XUÍCES E MAXISTRADOS:

O Consello Xeral do Poder Xudicial é un órgano constitucional, colexiado, autónomo, integrado por xuíces e outros xuristas, que exerce funcións de goberno do Poder Xudicial coa finalidade de garantir a independencia dos xuíces no exercicio da función xudicial fronte a todos.

Anualmente a Xunta de Galicia asina un Convenio de Colaboración en materia de formación continuada de xuíces e maxistrados co Consello Xeral do Poder Xudicial. 

  • FISCAIS, LETRADOS DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA, MÉDICOS FORENSES E AVOGADOS DO ESTADO:

O Centro de Estudos Xurídicos ten por obxecto a colaboración co Ministerio de Xustiza na selección, formación inicial e continuada dos membros da carreira fiscal e dos funcionarios pertencentes aos Corpos de Secretarios Xudiciais, médicos forenses e demais persoal ao servizo da Administración de Xustiza.

Dita colaboración estenderase tamén á formación continuada dos Avogados do Estado no marco dos plans que elabore a Avogacía Xeral da Estado-Dirección do Servizo Xurídico do Estado.

No ano 2018, a Academia Galega de Seguridade Pública firma un Convenio marco entre o Centro de Estudos Xurídicos do Ministerio de Xustiza e a Academia Galega de Seguridade Pública en materia de formación de fiscais, letrados da Administración de Xustiza, médicos forenses e avogados do Estado.

A partir de 2018 a Agasp, en colaboración co CEX, impartirá formación concreta para fiscais, letrados da Administración de Xustiza, médicos forenses e avogados do Estado.

Cursos relacionados

9 resultados obtidos para a busca de... Maxistrados / Xuíces / Fiscais / Letrados AP / Avogados do estado e médicos forenses
Amosar 9 | 18 | 36

Instagram

Material
multimedia