Resolución do 18 de setembro de 2023 do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo de acceso por oposición libre e o proceso de provisión por mobilidade nos corpos da policía local de Galicia, escala básica, categoría de policía, convocados pola Orde do 19 de abril de 2023 (DOG núm. 86, do 5 de maio), pola que se lle da publicidade a diversos acordos.
Proceso selectivo: Policía Local
2023
Set
2023
Set
2023
Portas de chamamento para o primeiro e segundo exercicio do proceso de acceso libre na categoría de policía
O vindeiro 23 de setembro, en chamamento único que comezará ás 10:00 da mañá, no Recinto Feiral de Silleda, terán lugar o primeiro e segundo exercicio do proceso de acceso por oposición libre nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía.
No seguinte enlace pode consultar portas de chamamento ordenada por apelidos e nome
Non está permitido o acceso ao recinto onde se vai a desenvolver o exercicio con teléfonos móbiles, reloxos intelixentes ou calquera outro aparato electrónico. Non se habilitará ningún servizo para a súa recollida ou depósito.
As persoas aspirantes deberán manter en todo momento visibles os pavillóns auditivos durante a realización do exercicio e non se permite o uso de prendas de cabeza.
As persoas convocadas deberán ir provistas de:
a. DNI ou documento fidedigno que acredite a súa identidade.
b. Lapis número 2, goma de borrar e bolígrafo (o bolígrafo só para o segundo exercicio)
Set
2023
Resolución do Tribunal designado pola Orde do 27 de xullo de 2023 (DOG núm. 148, do 4 de agosto de 2023), que cualifica o proceso de mobilidade nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía, convocado mediante a Orde do 19 de abril (DOG núm. 86, do 5 de maio), pola que se fai pública a baremación provisional do proceso de provisión por mobilidade de 22 prazas dos corpos de Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía, subgrupo C1, con indicación da puntuación obtida por cada aspirante.
Ficheiros:
- Resolución Tribunal
- Anexo: baremación provisional do proceso de provisión por mobilidade de 22 prazas dos corpos de Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía
Set
2023
O Diario Oficial de Galicia do 07/09/2023 publica a Resolución do do 29 de agosto de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso de provisión por mobilidade nos corpos de policía local de Galicia, escala básica, categoría de policía (código de procedemento PR461D).
Ago
2023
O Diario Oficial de Galicia do 21/08/2023 RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo de acceso por oposición libre nos corpos de policía local de Galicia, escala básica, categoría de policía, e se anuncian o lugar, a data e a hora do primeiro e segundo exercicios do proceso de acceso por oposición libre (código de procedemento PR461B)
Data de realización do primeiro e segundo exercicio: Chamamento único que se realizará ás 10.00 horas
Lugar: Recinto Feiral de Silleda, 36540 Silleda (Pontevedra)
Enlace á publicación da relación definitiva de persoas excluídas
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o director xeral da Agasp, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou ben interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados do mesmo xeito, nos termos previstos na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Ago
2023
RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as
relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso de provisión
por mobilidade nos corpos de policía local de Galicia, escala básica, categoría
de policía (código de procedemento PR461D).
RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá
cualificar o proceso de provisión por mobilidade nos corpos de policía local de
Galicia, escala básica, categoría de policía, convocado mediante a Orde do 19
de abril de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 86, do 5 de m aio).
Xul
2023
RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá
cualificar o proceso selectivo de acceso por oposición libre nos corpos de policía
local de Galicia, escala básica, categoría de policía, convocado mediante a Orde
do 19 de abril de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 86, do 5 de maio).
Xul
2023
Hoxe publícase no DOG a relación de persoas excluídas no proceso selectivo de acceso por oposición libre nos corpos de Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía (código de procedemento PR461B).
A listaxe provisional de persoas admitidas poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública (en diante, Agasp) http://agasp.xunta.gal; así como a listaxe de persoas declaradas exentas e non exentas da realización da proba de lingua galega.
As persoas excluídas e as persoas declaradas non exentas da realización da proba de coñecementos da lingua galega disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, así como as que tendo presentado debidamente a solicitude no proceso de acceso por oposición libre, non consten nin como admitidas nin como excluídas nas listaxes publicadas, o devandito prazo vai dende o 18 de xullo ao 1 de agosto.
Enlaces:
Prema Aquí para acceder á resolución DOG
Prema Aquí para acceder á listaxe de persoas admitidas
Prema Aquí para acceder á listaxe de persoas exentas ou non exentas da proba de coñecementos de lingua galega
Mai
2023
Prazo de presentación de solicitudes: do 24/05/2023 ao 20/06/2023 ambos inclusive
Mai
2023
Prazo de presentación de solicitudes: do 24/05/2023 ao 20/06/2023 ambos inclusive
Paxinación
- First page
- Páxina anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- Páxina Seguinte
- Last page