Proceso selectivo: Policía Local

2021

17
Xan
2022
Relación definitiva de persoas excluídas no proceso selectivo unitario para o acceso e ingreso nos corpos de Policía Local de Galicia, categoría de policía, quenda libre e concurso

A Academia Galega de Seguridade Pública publica no DOG núm. 10 do 17 de xaneiro de 2022 a RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2022 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo unitario para o acceso e ingreso nos corpos de Policía Local, categoría de policía, quenda libre e concurso, e se anuncian o lugar, a data e a hora do primeiro e segundo exercicios do proceso selectivo.

13
Xan
2022
Modificación do número de prazas do proceso selectivo convocado pola Orde do 05.10.2021 para o acceso e ingreso nos corpos de Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía, quenda de acceso libre

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2022 pola que se modifica o número de prazas de acceso libre incluídas no proceso selectivo convocado pola Orde do 5 de outubro de 2021 para o acceso e ingreso nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía, quenda de acceso libre e concurso

 

20
Dec
2021
RESOLUCIÓN do 16.12.2021 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas ao proceso selectivo unitario para o acceso e ingreso nos corpos de PL, categoría de policía, quenda de acceso libre e de concurso
20
Dec
2021
RESOLUCIÓN do 16.12.2021 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de persoas excluídas ao proceso selectivo unitario para o acceso e ingreso nos corpos de PL, categoría de policía, quenda de acceso libre e de concurso

Para visualizar o contido prema no seguinte enlace:

- RESOLUCIÓN do 16.12.2021 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo unitario para o acceso e ingreso nos corpos de PL, categoría de policía, quenda de acceso libre e de concurso.

 

Para calquera dúbida ou aclaración enviar un correo electrónico a : seleccion.agasp [at] xunta.gal (seleccion[dot]agasp[at]xunta[dot]gal)

26
Nov
2021
Modificación do número de prazas do proceso selectivo convocado pola Orde do 05.10.2021 para o acceso e ingreso nos corpos de Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía, quenda de concurso

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2021 pola que se modifica o número de prazas incluídas no proceso selectivo convocado pola Orde do 5 de outubro de 2021 para o acceso e ingreso nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía, quenda de concurso, e se amplía o prazo de presentación de solicitudes da quenda de concurso.

 

29
Out
2021
Convocatoria do proceso selectivo para o acceso e ingreso nos corpos da Policía Local de Galicia, categoría de policía, quendas de acceso libre e concurso (2021)

No DOG núm. 204 do 22 de outubro de 2021 publícase a ORDE do 5 de outubro de 2021 pola que se convoca o proceso selectivo para o acceso e ingreso nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía, quendas de acceso libre e concurso.

No BOE núm. 259 do 29 de outubro de 2021 publícase a Resolución do 14 de outubro de 2021, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, referente á convocatoria de prazas de Policía Local en distintos concellos.

Prazo de presentación de solicitudes: do 2 ao 29 de novembro de 2021, ambos inclusive

Prazas ofertadas:

  • Acceso libre: 29
  • Concurso: 3

Distribución das prazas por concello:

1.- Prazas quenda de acceso libre

  • A Coruña: 2
  • A Illa de Arousa:  1
  • A Pobra de Trives:  2
  • Betanzos:  1
  • Narón:  2
  • Ortigueira:  1
  • Ponteareas:  2
  • Pontevedra: 5
  • Porto do Son:  3
  • Tui:  4
  • Valdoviño:  1
  • Vilagarcía de Arousa:  4
  • Viveiro:  1

2.- Prazas quenda de concurso

  • A Coruña:  2
  • Tui:  1
12
Set
2021
Data do 1º e 2º exercicio do proceso selectivo unitario para o acceso e ingreso nos corpos da PL de Galicia, escala básica, categoría de policia

Faise publica a data do primeiro e segundo exercicio do proceso selectivo unitario para o acceso e ingreso nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía, quendas de acceso libre e concurso.

2020

03
Dec
2021
3º exercicio: probas de aptitude física. Nota informativa proceso selectivo para o acceso e ingreso nos Corpos de Policía Local de Galicia
05
Nov
2021
Listaxe de persoas que resultaron aptas no recoñecemento médico
05
Nov
2021
Resolución del 11/05/2021 del tribunal designado para juzgar el proceso selectivo para el acceso e ingreso en los cuerpos de la Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía, por la que se le da publicidad a diversos acuerdos