Proceso selectivo: Policía Local

2020

15
Feb
2021
CORRECCIÓN DE ERROS. Relación provisional de persoas excluidas no proceso selectivo unitario para o acceso á escala básica, categoría de oficial, nos corpos de policía local, quenda de acceso por promoción interna e mobilidade

A Academia Galega de Seguridade Pública publica no DOG núm. 30 do 15 de febreiro de 2021 unha CORRECCIÓN DE ERROS da resolución do 26 de xaneiro de 2021 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo unitario para o acceso á escala básica, categoría de oficial, nos corpos de policía local, quenda de acceso por promoción interna e mobilidade

20
Xan
2021
Relación definitiva de persoas admitidas no proceso selectivo unitario para o ingreso nos corpos de policía local, categoría de policía, quenda libre

A Academia Galega de Seguridade Pública publica no DOG núm. 12 do 20 de xaneiro de 2021 a resolución do 12 de xaneiro de 2021 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo unitario para o ingreso nos corpos de policía local, categoría de policía, quenda libre, e se anuncian o lugar, a data e a hora do primeiro e segundo exercicios do proceso selectivo.

 

LUGAR, DATA E HORA DO PRIMEIRO E SEGUNDO EXERCICIO

Primeiro exercicio

O primeiro exercicio do proceso selectivo, correspondente á proba de avaliación de coñecementos, terá lugar o día 26 de febreiro de 2021, nos pavillóns 1 e 2 do Recinto Feiral, s/n, 36540 Silleda (Pontevedra), en chamamento único que se iniciará ás 10.30 horas.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa entidade, ao xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá a presenza de acompañantes e o persoal aspirante deberá seguir as indicacións e resolucións do tribunal, que son públicas a través da páxina web da Agasp.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde ser realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Segundo exercicio

O segundo exercicio do proceso selectivo, correspondente á proba de avaliación do coñecemento da lingua galega, realizarase a continuación da primeira proba, unha vez rematada esta.

 

20
Xan
2021
Relación definitiva de persoas excluídas no proceso selectivo unitario para o acceso e ingreso nos corpos da policía local, categoría de policía, quenda libre

A Academia Galega de Seguridade Pública publica no DOG núm. 12 do 20 de xaneiro de 2021 a resolución do 12 de xaneiro de 2021 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo unitario para o ingreso nos corpos de policía local, categoría de policía, quenda libre, e se anuncian o lugar, a data e a hora do primeiro e segundo exercicios do proceso selectivo.

13
Xan
2021
Modificación do número de prazas incluídas no proceso selectivo convocado pola Orde do 8 de xullo de 2020 para o acceso e ingreso nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía, quendas de acceso libre e concurso

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2021 pola que se modifica o número de prazas incluídas no proceso selectivo convocado pola Orde do 8 de xullo de 2020 para o acceso e ingreso nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía, quendas de acceso libre e concurso.

19
Nov
2020
Convocatoria proceso selectivo para o acceso nos corpos de Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial, quendas de acceso promoción interna e mobilidade

No DOG núm. 137 do 10 de xullo de 2020 publícase a ORDE do 8 de xullo de 2020 pola que convoca proceso selectivo para o acceso nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial, quendas de acceso por promoción interna e por mobilidade (código de procedemento PR461C). Para visualizar o documento prema neste enlace

No DOG núm. 154 do 3 de agosto de 2020 publícase a CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 8 de xullo de 2020 pola que se convoca proceso selectivo para o acceso nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial, quendas de acceso de promoción interna e mobilidade (código de procedemento PR461C). Para visualizar o documento prema neste enlace

No DOG núm. 222 do 3 de novembro de 2020 publícase a CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 8 de xullo de 2020 pola que se convoca proceso selectivo para o acceso nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de oficial, quendas de acceso por promoción interna e por mobilidade. Para visualizar o documento prema neste enlace

No BOE núm. 303 do 18 de novembro de 2020 publícase a Resolución do 4 de novembro de 2020, da Vicepresidencia  Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, referente á convocatoria de prazas da Escala Básica, categoría de Oficial, de Policía Local de distintos concellos. Para visualizar o documento prema neste enlace

 

Prazo de presentación de solicitudes: do 19 de novembro ao 17 de decembro de 2020, ambos inclusive

Prazas ofertadas: 14 prazas pola modalidade de promoción interna e 2 prazas pola modalidade de mobilidade.

 

22
Xul
2020
Convocatoria do proceso selectivo para o acceso e ingreso nos corpos da Policía Local de Galicia, categoría de policía, quendas de acceso libre e concurso (DOG)

No DOG núm. 137 do 10 de xullo de 2020 publícase a ORDE do 8 de xullo de 2020 pola que se convoca o proceso selectivo para o acceso e ingreso nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía, quendas de acceso libre e concurso.

No BOE núm. 199 do 22 de xullo de 2020 publícase a Resolución do 10 de xullo de 2020, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, referente á convocatoria de prazas de Policía Local en distintos concellos.

Prazo de presentación de solicitudes: do 23 de xullo ao 19 de agosto de 2020, ambos inclusive

Prazas ofertadas:

  • Acceso libre: 73.
  • Concurso: 18

Distribución das prazas por concello:

1.- Prazas quenda de acceso libre

  • A Estrada: 2
  • A Pobra do Caramiñal:  3
  • Arzúa:  1
  • As Neves:  1
  • Betanzos:  1
  • O Carballiño:  2
  • Carballo:  2
  • Carral : 2
  • Cedeira:  1
  • Fene:  1
  • Foz:  2
  • Lugo:  16
  • Malpica de Bergantiños:  1
  • Miño: 1
  • Noia:  1
  • O Barco de Valdeorras:  1
  • Ortigueira:  1
  • Ourense:  18
  • Ponteareas:  2
  • Pontevedra: 7
  • Soutomaior:  1
  • Tui:  1
  • Vilaboa:  1
  • Vilagarcía de Arousa:  4

2.- Prazas quenda de concurso

  • Betanzos:  1
  • Lugo:  5
  • Noia:  1
  • O Barco de Valdeorras:  1
  • Oleiros:  1
  • Ourense:  7
  • Ponteareas:  1
  • Vilagarcía de Arousa:  1
22
Xul
2020
Convocatoria do proceso selectivo unitario para o acceso e ingreso nos corpos de policía local de Galicia, escala básica, categoría de policía, quendas de acceso libre e concurso (BOE)

No DOG núm. 137 do 10 de xullo de 2020 publícase a ORDE do 8 de xullo de 2020 pola que se convoca o proceso selectivo para o acceso e o ingreso nos corpos de policía local de Galicia, escala básica, categoría de policía, quendas de acceso libre e concurso.

No BOE núm. 199 do 22 de xullo de 2020 publícase a Resolución do 10 de xullo de 2020, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, referente á convocatoria de prazas de Policía Local en distintos concellos.

 

Prazo de presentación de solicitudes: do 23 de xullo ao 19 de agosto de 2020, ambos inclusive

Prazas ofertadas: 73 prazas para a quenda de acceso libre e 18 prazas por quenda de concurso para mobilidade, subgrupo C1.

Distribución das prazas ofertadas: acceda a través do seguinte arquivo para visualizar a distribución das prazas ofertadas.

10
Feb
2020
Relación provisional de persoas admitidas no proceso selectivo unitario para o acceso e ingreso nos corpos da policía local, categoría de policía, quenda libre

A Academia Galega de Seguridade Pública publica no DOG núm. 200 do 2 de outubro de 2020 a resolución do 23 de setembro de 2020 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo unitario para o acceso e ingreso nos corpos de Policía local, categoría de policía, quenda libre.

10
Feb
2020
Relación provisional de persoas excluídas no proceso selectivo unitario para o acceso e ingreso nos corpos da policía local, categoría de policía, quenda libre

A Academia Galega de Seguridade Pública publica no DOG núm. 200 do 2 de outubro de 2020 a resolución do 23 de setembro de 2020 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo unitario para o acceso e ingreso nos corpos de Policía local, categoría de policía, quenda libre.

2019

28
Feb
2020
Adxudicación prazas quenda de concurso

Resolución do 28 de febreiro de 2020 da Dirección xeral da Academia Galega de Seguridade Pública pola que se fai publica a adxudicación de prazas da quenda de concurso, do proceso selectivo para o ingreso e acceso nos corpos de policía local, escala básica, categoría de policía, convocado por Orde do 31 de maio de 2019.