Protección civil / Voluntariado

A Lei 5/2007, de 7 maio, de Emerxencias de Galicia regula o sistema integrado de protección civil e emerxencias en Galicia, dirixido a adoptar medidas preventivas que eviten situacións de risco, a actuar en caso de risco ordinario e a protexer a integridade das persoas e os bens de titularidade pública ou privada e o medio ambiente de danos en situacións de emerxencia ou grave risco provocados por catástrofes, calamidades, accidentes e outras situacións ou continxencias análogas.

A protección civil é un servizo público esencial. Na súa organización, funcionamento e execución participan as distintas administracións públicas de Galicia, así como a cidadanía mediante a colaboración voluntaria ou en cumprimento dos deberes que establece a presente Lei.

O sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia estará formado tanto por persoal de carácter profesional como por voluntarios.

A dirección e coordinación das actividades reguladas na presente Lei corresponderá ao persoal profesional.

O persoal voluntario é aquel que, libre e desinteresadamente, se incorpora a entidades ou organizacións públicas ou privadas sen ánimo de lucro, as cales teñen como fin a protección das persoas, os bens e o medio ambiente en situacións definidas na presente Lei como situacións de xestión de riscos e de emerxencias.

Cursos relacionados

1581 resultados obtidos para a busca de... Protección civil / Voluntariado
Semipresencial (en liña + presencial) 01/04/24
Pontevedra
Ribadumia
Semipresencial (en liña + presencial) 20/03/24
Coruña, A
Coruña, A
Semipresencial (en liña + presencial) 13/03/24
Coruña, A
Ortigueira
Semipresencial (en liña + presencial) 13/03/24
Pontevedra
Mos
Semipresencial (en liña + presencial) 28/02/24
Coruña, A
Noia
Semipresencial (en liña + presencial) 28/02/24
Ourense
Bande
Semipresencial (en liña + presencial) 22/02/24
Ourense
Pereiro de Aguiar, O
Amosar 9 | 18 | 36

Instagram

Material
multimedia