PRÓXIMO CURSO CONTROL DE ACCESO

PR471A: Control de acceso
luns, 23 Xaneiro, 2023

A próxima edición do curso de formación para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas será o vindeiro 16 de febreiro de 2023 en horario de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 17:30.

As solicitudes deberán presentarse no modelo normalizado PR471A.

A lista provisional de persoas admitidas será publicada o 6 de febreiro e as persoas excluídas dispoñerán dun prazo de tres  días hábiles para emendar o motivo de exclusión, non sendo posible a emenda unha vez transcorrido este prazo (7-9 de febreiro de 2023).

A lista definitiva de persoas admitidas será publicada o 10 de febreiro de 2023.