Policía autonómica

O artigo 47 da Lei orgánica 2/1986, do 13 de marzo, de forzas e corpos de seguridade, recolle a posibilidade de que as Comunidades Autónomas que non fixesen uso das posibilidades previstas no artigo 37.1 da mesma, poidan solicitar ao Goberno da Nación, a través do Ministerio do Interior e para o exercicio das funcións previstas no artigo 38.1, a adscrición de Unidades do Corpo Nacional de Policía, e que as condicións da devandita adscrición se determinaán en acordos administrativos de colaboración de carácter específico.

Na súa virtude, o 22 de outubro de 1990, instrumentouse o Acordo Administrativo de Colaboración entre o Ministerio do Interior e a Comunidade Autónoma de Galicia en materia policial, constituíndose e adscribíndose unha Unidade do Corpo Nacional de Policía, por Orde do Ministerio do Interior, do 19 xuño de 1991, que no seu artigo primeiro establece que a unidade policial depende organicamente do Ministerio do Interior e funcionalmente da Xunta de Galicia.

Esta dependencia funcional exércese na actualidade pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia,  Administracións Públicas e  Xustiza, a través da Dirección  Xeral de  Emerxencias e Interior. Así mesmo, disponse que durante o tempo da adscrición a unidade policial cumprirá as ordes e directrices das autoridades competentes da Xunta de Galicia, diante das que renderá contas das súas actuacións.

Desde a súa creación en 1991, a Unidade da Policía Nacional adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia vén desempeñando funcións de Policía Autonómica, de acordo coas previsións do artigo 38.1 da Lei Orgánica 2/1986, crecendo na prestación dos seus servizos para dar resposta á asunción paulatina de novas funcións e competencias pola Administración galega, para o que tamén se produce un axuste nos seus efectivos e na distribución territorial.

Na actualidade, esta Unidade vén prestando importantes funcións en materia de seguridade; de protección de vítimas de violencia de xénero; de prevención e investigación de incendios forestais; de loita contra o furtivismo e marisqueo ilegal; de protección de medio natural e do patrimonio cultural; de protección de menores e familia, ademais doutras funcións transversais e administrativas.

Ver menos

Cursos relacionados

Busca avanzada
749 resultados obtidos para a busca de: Seguridade Pública
14
Mai
2024
Presencial
14/05/24 - 24/05/2024
A Estrada. Pontevedra
13
Mai
2024
Presencial
13/05/24 - 13/05/2024
A Estrada. Pontevedra
26
Abr
2024
Presencial
26/04/24 - 26/04/2024
A Estrada. Pontevedra
25
Abr
2024
Presencial
25/04/24 - 25/04/2024
A Estrada. Pontevedra
25
Abr
2024
Presencial
25/04/24 - 25/04/2024
A Estrada. Pontevedra
24
Abr
2024
Presencial
24/04/24 - 24/04/2024
A Estrada. Pontevedra
23
Abr
2024
Presencial
23/04/24 - 25/04/2024
A Estrada. Pontevedra
22
Abr
2024
Presencial
22/04/24 - 23/04/2024
A Estrada. Pontevedra