A protección de datos no ámbito policial

Código: 251047
Data de inscrición: 21/03/2025 - 31/03/2025
Número da edición: 1
Horas lectivas: 30
Prazas: 35
Modalidade: En liña co exame presencial
Data inicio - fin: 07/04/2025 - 28/04/2025
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Días: Sesións de telepresenza: 11, 16, 21 e 25 de abril en horario de 11.00 a 12.30 horas
Obxectivos:
O curso pretende amosar dende unha visión xurídica a intersección entre o dereito á protección de datos e a función policial, pensando nas realidades ás que deben saber responder os membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Para iso, resulta fundamental coñecer o marco xurídico aplicable, partindo dos pronunciamentos doutrinais e xurisprudenciais mais recentes na materia, así como as resolucións da Axencia Española de Protección de Datos, e rematar cun repaso de casos prácticos realistas enfocado ao perfil dos discentes. Asi pos, unha vez feita a conceptualización previa da Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro e da Lei Orgánica 7/2021, de 26 de maio, afondarase nos principios fundamentais de aplicación e no resto de figuras relevantes previstas pola normativa, para rematar con exemplos que permitan a observancia do necesario equilibrio entre a garantía da seguridade pública e o respecto aos dereitos fundamentais, de maneira particular, á privacidade da cidadanía pero, tamén, dos propios axentes. Non se debe esquecer a influencia dos últimos avances tecnolóxicos e da propia intelixencia artificial na materia.
Contido:
Normativa básica en materia de protección de datos (no eido da Unión Europea e no dereito estatal) e de protección de datos no ámbito penal; principios de protección de datos; dereitos das persoas; tratamento de datos concretos (especial atención á videovixiancia); a intersección entre protección de datos e transparencia na Administración pública (breve referencia); figuras relevantes (responsable, encargado e delegado de protección de datos); réxime sancionador e autoridades de control; exemplos prácticos (dashcams, grabacións da cidadanía, a privacidade en internet...).
Persoas destinatarias:
- Corpo da Garda Civil
- Corpo Nacional de Policía
- Corpos de Policía Local
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia