Prevención e xestión de conflitos

Código: 252147
Data de inscrición: 03/10/2025 - 13/10/2025
Número da edición: 1
Horas lectivas: 12
Prazas: 22
Modalidade: Semipresencial (en liña + presencial)
Data inicio - fin: 05/11/2025 - 19/11/2025
Lugar: Santiago de Compostela (Coruña, A)
Localización: Escola Galega de Administración Pública
Clase ou local: aula n.º 9 (1.º andar). EGAP - R/ Madrid, 2-4 (Fontiñas) - 15781 Santiago
Horario: 9.30-13.30
Días: 5, 12 e 19 de novembro de 2025
Obxectivos:
O obxectivo desta acción formativa é xerar ambientes libres de conflitos e xestionalos tan pronto como se produzan, traballando desde as dúas perspectivas do conflito:
-Persoal: como me xestiono.
-Interpersoal: como xestionar as relacións cos demais.
Contido:
1. Xestión do estrés.
- Prácticas diarias para anticiparse e reducir o estrés e manter un estado saudable e de alto rendemento. Relaxación muscular e mental.
2. Prevención de conflitos.
- Conversas que xeran confianza e produtividade. Asertividade e empatía.
- Comprender e ser comprendido. Escoitar para comprender o mapa do outro.
3. Resolución de conflitos.
- Pensamento estratéxico e emocional para resolver conflitos. Metodoloxía de Harvard para a resolución de conflitos. Obxectivos e valores. Ferramenta de resolución de conflitos.
4. Como crear relacións saudables e produtivas.
- Intelixencia emocional. Adestramento emocional. O relato do cambio. Reunións efectivas. Os diferentes tipos de motivación. Os distintos tipos de personalidade DISC.
Persoas destinatarias:
- Persoal Medio Ambiente - Persoal da Consellería de Medio Ambiente
Destinatarios específicos:
- Axentes, gardas de recursos naturais e demais persoal de campo da D.X. de Patrimonio Natural e dos seus servizos provinciais da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e persoal de campo (axentes medioambientais e vixiantes de dominio público) da D.X. de Enerxías Renovables e Cambio Climático e dos seus servizos provinciais.
Requisitos:
1. Pertencer ao colectivo específico
2. Orde de solicitude
Inscrición:
gratuita
Publicacións admitidas:
RENUNCIAS
- A renuncia deberase comunicar por escrito ao correo electrónico: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, co fin de poder cubrir a vacante.
- Si renuncia con menos de 3 días hábiles ao inicio do curso, ten que ser por causa de forza maior xustificada documentalmente.
- De non comunicar a renuncia a persoa seleccionada será penalizada coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de (6) meses. No suposto de reincidencia en máis de un curso o prazo será de doce (12) meses.