Coordinación operativa en plans de emerxencia

Código:

232171

Data de inscrición:

19/09/2023 - 28/09/2023

Número da edición:

3

Horas docentes:

8

Prazas:

24

Modalidade:

Presencial

Data Inicio - Fin:

21/11/2023 - 21/11/2023

Lugar:

Estrada, A (Pontevedra)

Localización:

AGASP

Aula/local:

aula 10

Horario:

09:00-14:00 e 15:30-18:30

Días:

21 de novembro de 2023

Contido:

1.- Normativa relacionada cos plans de emerxencia. Principio do mando único e coordinación operativa.
2.- Plans de emerxencia da comunidade autónoma. Tipoloxías e interrelacións
3.- Platerga niveles de activación e responsables do plan segundo niveis activados
4.- Competencias e coordinación dos diferentes servizos que interveñen en emerxencias
5.- Coordinación operativa dos diferentes servizos que interveñen en emerxencias

Destinatarios:

- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl

Destinatarios específicos:

Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).

Requisitos:

1. Requisitos xerais:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
3. Non está permitida a realización de cursos relacionados na presente convocatoria que teñan simultaneidade nalgunha das súas datas. Cando o alumnado teña coñecemento de que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia de datas con outro no cal xa foi seleccionado, debe renunciar a un deles.
4. Os solicitantes que realizasen anteriormente o curso só poderán ser seleccionados para realizalo no suposto de existiren vacantes

Inscrición:

gratuita

DOG núm 177 - 18/09/2023

Publicacións admitidas:

RENUNCIAS
- A renuncia deberase comunicar por escrito ao correo electrónico: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, co fin de poder cubrir a vacante.
- Si renuncia con menos de 3 días hábiles ao inicio do curso, ten que ser por causa de forza maior xustificada documentalmente, de non facelo así será penalizado coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de 6 meses.