Formador de formadores

Código:

222236

Data de inscrición:

13/10/2022 - 20/10/2022

Número da edición:

2

Horas docentes:

100

Prazas:

40

Modalidade:

Semipresencial (en liña + presencial)

Data Inicio - Fin:

21/11/2022 - 26/01/2023

Lugar:

Estrada, A (Pontevedra)

Localización:

AGASP

Aula/local:

Parte en liña / parte presencial na Agasp (comprobar horario en curso)

Horario:

PARTE EN LIÑA: o horario é segundo disposición e necesidade do alumnado/TELEPRESENZA: horario que se fixe na plataforma/ PRESENCIAL(na Agasp): de 8:30 a 14:30 con carácter xera

Días:

21/11/2022 ao 26/01/2023

Contido:

Módulo 1. O ciclo da aprendizaxe e os seus factores (14 horas)
Módulo 2. Estratexias de formación (21 horas)
Módulo 3. (Teoría) Tipoloxía de persoas e competencias necesarias para ser un bo formador (21 horas)
Módulo 3. (Práctica) A escena (24 horas)
Módulo 4. Planificación xeral da acción formativa en prevención e extinción de incendios forestais (3 horas)
Módulo 5. Elaboración do plan de formación (4 horas)
Módulo 6. Preparación do docente (3 horas)
Módulo 7. Seguimento e avaliación (3 horas)
Módulo 8. (Práctica) Explicación de puntos chave (7 horas)

Destinatarios:

- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia

Destinatarios específicos:

- Persoal Laboral do Servizo de Prevención de Incendios Forestais da Xunta de Galicia
- Técnicos dos distritos forestais e dos servizos provinciais de Prevención de Incendios Forestais / Servizos Centrais
- Xefes dos distritos forestais e dos servizos provinciais de Prevención de Incendios Forestais / Servizos Centrais
- Axentes forestais e axentes facultativos medioambientais dos distritos forestais

Requisitos:

1.- Experiencia previa en formación impartida a persoal do Servizo de Prevención de Incendios Forestais (SPIF):
- Valorarase con 5 puntos ao persoal que teña impartido cursos de formación dirixido ao persoal do SPIF desde o 01/01/2019.
- Valorarase con 3 puntos ao persoal que teña impartido cursos de formación dirixido ao persoal do SPIF entre o 01/01/2012 e o 31/12/2019.
- Valorarase con 1 puntos ao persoal que teña impartido cursos de formación dirixido ao persoal do SPIF entre o 01/01/2002 e o 31/12/2012.

2.- Formación recibida:
Formación recibida desde o 01/01/2019 ata a actualidade:
- Valorarase con 0,5 punto cada curso recibido desde o 01/01/2019, relacionado coa prevención e/ou extinción de incendios forestais, que conte cunha duración superior a 100 horas.
- Valorarase con 0,2 punto cada curso recibido desde o 01/01/2019, relacionado coa prevención e/ou extinción de incendios forestais, que conte cunha duración superior a 30 horas e inferior 100 horas.

Formación recibida antes do 01/01/2019:
- Valorarase con 0,25 punto cada curso recibido antes do 01/01/2019, relacionado coa prevención e extinción de incendios forestais, que conte cunha duración superior a 100 horas.
- Valorarase con 0,1 punto cada curso recibido antes do 01/01/2019, relacionado coa prevención e extinción de incendios forestais, que conte cunha duración superior a 30 horas e inferior 100 horas.

3.- Antigüidade no SPIF:
- Valorarase con 0,1 puntos cada ano completo de prestación de servizo no SPIF.

De acordo co artigo 50 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, reservarase un 50 % das prazas para mulleres que reúnan os requisitos esixidos na convocatoria.

Inscrición:

gratuita

Publicacións admitidas:

RENUNCIA
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal

Requests:

DOCUMENTACIÓN
Todos os solicitantes poderán enviar a documentación xustificativa, dentro do período de inscrición, a través do correo electrónico coordinacion-medios.medio-rural@xunta.gal