Actualización en substancias psicoactivas. Aspectos clínicos, legais e sociais

Código:

201157

Data de inscrición:

30/09/2020 - 14/10/2020

Número da edición:

1

Horas docentes:

20

Prazas:

35

Modalidade:

En liña

Data Inicio - Fin:

16/11/2020 - 12/12/2020

Lugar:

Estrada, A (Pontevedra)

Obxectivos:

concienciar aos profesionais do protagonismo que as novas substancias psicoactivas, coñecidas xeralmente como Drogas de Deseño ( Spice, Extasis, Speed, Crystal…) están a adquirir na sociedade actual, converténdose nun dos grandes desafíos aos que se enfrontan a día de hoxe as distintas Forzas e Corpos de Seguridade. Para iso non só se achegarán datos de consumo (tipos de substancias, prevalencias, formatos, perfís…) ou das súas consecuencias a nivel clínico, conductual e social, senón tamén información actualizada do armazón legal que as caracteriza e das accións que se están desenvolvendo en materia de loita contra o narcotráfico. Como consecuencia da formación recibida, non só se espera actualizar os coñecementos dos profesionais nesta materia, senón tamén proporcionar estratexias para axudar de maneira efectiva ás institucións na loita contra as drogas.

Contido:

Novas Substancias Psicoactivas, Drogas de Deseño, Cannabinoides, Narcotráfico, Submisión Química

Destinatarios:

- Corpo da Garda Civil
- Corpo Nacional de Policía
- Corpos de Policía Local
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia

Requisitos:

Dinámica de traballo: o curso terá unha duración de 20 horas e desenvolverase nun período de 4 semanas, cada unha delas supervisada por un titor diferente. O último venres de cada curso haberá unha sesión de videoconferencia a través da propia plataforma da AGASP, na que o alumnado poderá interactuar directamente con cada profesor, reforzar ideas crave e resolver posibles dúbidas. Cada profesor fixará na súa semana de interacción uns obxectivos docentes concretos, para cuxa consecución se apoiará en diferentes recursos e materiais (lecturas, vídeos, sentenzas, notas de prensa…) e na resolución de diferentes tarefas por parte dos alumnos, que contarán tamén cun foro de participación permanente.