Xornada sobre a xestión en accidentes no transporte de mercancías perigosas

Código:

152121

Data de inscrición:

10/11/2015 - 19/11/2015

Número da edición:

1

Horas docentes:

4

Prazas:

125

Modalidade:

Presencial

Data Inicio - Fin:

02/12/2015 - 02/12/2015

Lugar:

Estrada, A (Pontevedra)

Localización:

AGASP

Aula/local:

Sala conferencias

Horario:

9.00 a 13.00 horas

Días:

2 de decembro de 2015

Obxectivos:

Coñecer o sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia como servizo público e a súas funcións en caso de emerxencia, catástrofe ou calamidade pública.
Coñecer o plan especial de protección civil ante emerxencias no transporte de mercancías perigosas por carretera e ferrocarril. Medios e recursos.
Adquirir os coñecementos básicos para manexar a aplicación Fluxo de mercancías perigosas en Galicia (MERCPEL) para poder acceder aos datos de fluxo de mercancías perigosas na Comunidade.

Contido:

1. Sistema integrado de protección civil e emerxencias. Grupos operativos.
2. Plan especial sobre o transporte de mercancías perigosas en Galicia.
• Análise do risco.
• Estrutura, organización e funcións: funcións do grupo de intervención.
• Operatividade.
• Medios e recursos.
3. Operativa da Garda Civil ante accidentes no transporte de mercancías perigosas. Restriccións ao tráfico de mercancías perigosas en Galicia.
4. Intervención fronte a emerxencias no transporte de mercancías perigosas relativo aos produtos máis transportados en Galicia:
• Intervención con gas licuado do petróleo (GLP).
• Intervención con gasóleo e gasolina.
• Intervención con cloro.
5. Fluxo de mercancías perigosas en Galicia. A aplicación Fluxo de mercancías perigosas en Galicia (MERCPEL).

Destinatarios:

- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias

Destinatarios específicos:

• Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil.
• Persoal dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios).

• Profesionais dos servizos municipais de protección civil e emerxencias.
• Membros dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES).
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).

Requisitos:

Requisitos de participación: os/as solicitantes que sexan voluntarios/as de protección civil deben haber superado con anterioridade o curso básico de protección civil, e terán preferencia os/as que o fixeron no ano 2014 ou anteriores.

Inscrición:

Gratuita

Publicacións admitidas:

A Agasp publicará na súa páxina web http://agasp.xunta.es, unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas, de acordo co disposto no artigo 59.6º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Ademais, para unha maior difusión serán informados da súa selección a través do correo electrónico e tamén, para quen facilite un número de teléfono móbil, a través de mensaxe telefónico.
As persoas que resulten seleccionadas teñen a obriga de participar no desenvolvemento da actividade, agás que comunicasen a súa imposibilidade de asistencia con cando menos 48 horas de antelación ao comezo desta. Dita renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico á dirección formacion.emerxencias.agasp@xunta.es ou por fax ao número 886 206 123.
Noutro caso serán excluídas automaticamente da selección para as dez seguintes actividades que se convoquen, para as que reúnan os requisitos esixidos de participación (artigos 18 e 21 do Regulamento de réxime interior da Agasp).

Requests:

6. Criterios de selección do alumnado participante.
Os criterios de selección son os seguintes e no orde indicado:
1º Teñen preferencia as persoas que estean desempregadas.
2º Reservarase o 50% das prazas para solicitantes mulleres que reúnan os requisitos establecidos na convocatoria, segundo o disposto no artigo 37.bis da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes. Se non houbese suficientes solicitudes de participación de mulleres, estas prazas acrecentarán as da quenda xeral.
3º Segundo a orde de presentación das solicitudes.
7.- Acreditación da condición de desempregado/a
7.1. Acreditación da condición de desempregado/a:
A condición de desempregado/a deberá acreditarse presentando a tarxeta do paro debidamente actualizada.
7.2. Forma e prazo de presentación:
Os/as solicitantes teñen ata a finalización do prazo de inscrición para presentar a documentación que acredite que están en situación de desemprego e que cumpren os requisitos de acceso. Esta documentación deberá presentarse por correo electrónico (formacion.emerxencias.agasp@xunta.es).
A documentación presentada fóra de prazo non será tida en conta no proceso de selección para as diferentes actividades formativas.