Rescate de persoas no medio acuático

Código:

142052

Data de inscrición:

04/03/2014 - 18/03/2014

Número da edición:

1

Horas docentes:

25

Prazas:

14

Modalidade:

Presencial

Data Inicio - Fin:

05/05/2014 - 07/05/2014

Lugar:

Estrada, A (Pontevedra)

Localización:

AGASP

Aula/local:

aula 6

Horario:

9.00-14.00 e 16.00-19.00 horas

Días:

5, 6 e 7 de maio de 2014

Obxectivos:

adquirir os coñecementos teórico-prácticos necesarios para poder acometer en suficientes condicións de seguridade o rescate de persoas, tanto en augas rápidas coma no transcurso dunha inundación.

Contido:

• Preparación uso e mantemento do material para o salvamento de persoas en superficie de medio acuático: materiais individuais (traxe de neopreno, casco, chaleco, luvas, escarpíns, lentes, aletas) e colectivos (corda de seguridade, boias e tubos de rescate, taboleiros, elementos de inmobilización, embarcación pneumática, padiola niño flotante, moto de salvamento). Riscos e prevención destes no rescate acuático.
• Técnicas de localización de vítimas en medio acuático: balizamento, por rúas, circulares e por incrementos.
• Secuencia de actuación no rescate acuático: entrada na auga, aproximación, control, remolque e extracción da auga. Técnicas para entrar na auga. Natación adaptada ao salvamento.
• Control da vítima e técnicas de zafadura. Técnicas de remolque directo «corpo a corpo». Técnicas de remolque utilizando material de rescate.
• Técnicas de extracción da auga dun accidentado.
• Rescate acuático en augas con corrente: andando asegurado, nadando, manobra con lanzacabos, manobra con tirolina.
• Sinais visuais de comunicación.
• Procedementos de localización de vítimas en medio acuático. Técnicas de balizamento, por rúas, circulares e por incrementos.
• Manobras de rescate, remolque e extracción de vítimas en medios acuáticos.

Destinatarios:

- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios

Destinatarios específicos:

1ª edición: profesionais dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios).
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Reservaranse dúas prazas en cada edición para os/as membros da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Requisitos:

• Todos os participantes deberán acreditar coñecementos básicos de natación e achegar un certificado médico oficial o primeiro día do curso no que se faga constar expresamente que o/a alumno/a reúne as condicións físicas e sanitarias necesarias e suficientes para a práctica da natación e a realización de outros exercicios no medio acuático.
• Os/as alumnos/as deberán asistir ao curso provistos de traxe de neopreno (grosor mínimo recomendable: 7 mm), escarpíns de sola dura tipo botín e luvas de neopreno (grosor mínimo recomendable: 2 mm).
• No caso de persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil deberán ter realizado previamente o curso básico de protección civil, e terán preferencia os/as que o fixeron no ano 2013 ou anteriores.

Inscrición:

Gratuita