Control e extinción de incendios industriais.

Código:

132110

Data de inscrición:

01/08/2013 - 16/08/2013

Número da edición:

2

Horas docentes:

25

Prazas:

20

Modalidade:

Presencial

Data Inicio - Fin:

02/10/2013 - 04/10/2013

Lugar:

Salvaterra de Miño (Pontevedra)

Localización:

Centro de formación integral en emerxencias - Seganosa - Alxen s/n

Aula/local:

Centro de formación integral en emerxencias - Seganosa - Alxen s/n

Horario:

9.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 19:00 horas

Días:

02/10/2013 ao 04/10/2013

Obxectivos:

Adquirir os coñecementos prácticos sobre técnicas e procedementos de actuación e as destrezas necesarias para a extinción industriais, baixo as máis estritas normas de seguridade.

Contido:

Módulo 1: Operacións de salvamento.
1. Sinalización e desenvolvemento de operacións.
2. Práctica de acoutamento de zonas de rescate. Protocolos de actuación.
Módulo 2. Control e extinción de incendios.
1. Montaxe de liñas de auga dende hidrantes, bocas de rego e bocas de incendio equipadas.
2. Practica de explosión de po en simulador de laboratorio.
3. Extinción con distintos extintores de po ABC e CO2.
a. Extinción en bandexa de combustible tipo B.
b. Extinción en bandexa con obstáculo de combustible tipo B.
c. Extinción en cadro eléctrico con CO2
d. Extinción en bandexa a dous niveis.
4. Montaxe de liñas de escuma para extinción en balsa de gran tamaño con escuma de media expansión.
5. Utilización de PROPAK como elemento de extinción en volumes pequenos.
6. Intervención en zona de carga e descarga de combustibles
Módulo formativo 3: Fenómenos naturais e antrópicos.
1. Sinistro con cisterna que transporta GLP. Técnicas para evitar a BLEVE.
2. Incendio en plataforma industrial a dous niveis. Lume de tipos varios.
Módulo formativo 4: Operacións de axudas técnicas.
1. Incendio en depósito de combustible.
2. Montaxe de liñas de escuma para a extinción en tanque de almacenamento con escuma de baixa expansión.

Destinatarios:

- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios

Requisitos:

1. Os profesionais dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios) e dentro de eles, os que teñan un maior rango xerárquico.
2. Os solicitantes que teñan menos cursos feitos na Agasp no último ano.
3. Reservarase o 50% das prazas para solicitantes mulleres que reúnan os requisitos establecidos na convocatoria, segundo o disposto no artigo 37.bis da Ley 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes. De non existir suficientes solicitudes de participación de mulleres, as prazas sobrantes acrecentarán as da quenda xeral.

Inscrición:

gratuita