Intervención en emerxencias con mercadorías perigosas

Código:

122135

Data de inscrición:

01/06/2012 - 31/07/2012

Número da edición:

3

Horas docentes:

24

Prazas:

20

Modalidade:

Presencial

Data Inicio - Fin:

24/09/2012 - 26/09/2012

Lugar:

Estrada, A (Pontevedra)

Localización:

AGASP

Aula/local:

24 e 25 Aula 10 (Aula 10 - AGASP), 26 centro SEGANOSA en Salvaterra

Horario:

De 9:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 18:30 horas

Días:

24, 25 e 26 de setembro de 2012

Obxectivos:

1.Ampliar os coñecementos, as técnicas e procedementos de actuación para poder afrontar emerxencias relacionadas con mercadorías perigosas
2.Prever e atallar as consecuencias máis inmediatas derivadas deste tipo de sinistros, coa serenidade propia do coñecemento previo e baixo as máis estritas normas de seguridade.
3.Adquirir coñecementos teóricos e prácticos sobre sinistros químicos, coa finalidade de rescatar o maior número vítimas, e ao mesmo tempo facilitar a protección do medio ambiente.

Contido:

1. Definición e clasificación das mercadorías perigosas.
2. Presentación do curso. Explicación da metodoloxía a empregar, baseada en relatorios e prácticas (de aula, campo e laboratorio). Clases participativas.
3. Propiedades físico químicas das substancias perigosas. Relatorio que ten por obxecto explicar as propiedades máis importantes das substancias, co fin de poder interpretar correctamente as fichas de intervención.
4. Métodos de identificación das substancias perigosas. Analízanse os diversos modos de identificar as substancias, dende a forma dos recipientes ata as cores normalizadas. Analízanse especialmente as diversas unidades do transporte de mercadorías perigosas por vía terrestre.
5. Clasificación das mercadorías perigosas e riscos asociados. Relatorio que versa sobre as trece clases en que están divididas para o transporte as mercadorías perigosas e os riscos que presentan. Faise especial fincapé no risco radiactivo e radiolóxico.
6. Técnicas de intervención en presenza de substancias perigosas. Trátase de analizar o escenario en que se desenvolve un incidente químico e aplicar o sentido común para resolvelo con garantías.
7. Equipos de protección individual (EPI) en intervencións químicas. Estúdanse as diferentes pezas que constitúen un EPI para intervencións químicas, as súas limitacións e a súa conservación.
8. Sistemas de detección e medida. Póñense de relevo todos os elementos de detección que temos á nosa disposición para unha mellor identificación

Destinatarios:

- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Outros profesionais e voluntarios de Protección Civíl e Emerxencias
- Bombeiros dos Parques Municipais - Cabo

Destinatarios específicos:

Profesionais dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios), persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil e profesionais dos servizos municipais de protección civil (grupos municipais de intervención rápida Grumir e outros servizos municipais de intervención en emerxencias).
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia
(artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia)

Requisitos:

O persoal de protección civil debe ter realizado o curso básico de protección civil antes do inicio do curso.
As/os solicitantes seleccionadas/os deberán acreditar a súa categoría profesional o primeiro día do curso mediante un certificado da súa xefatura de persoal

Inscrición:

Gratuita