Comunicación con persoas extranxeiras a través de intérpretes

Código: 171014
Data de inscrición: 17/02/2017 - 15/03/2017
Número da edición: 1
Horas lectivas: 20
Prazas: 25
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 24/04/2017 - 26/04/2017
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Horario: de 10.00 a 14.00 e de 15.30 a 19.30 h (ultimo día so mañán)
Días: 24, 25 e 26 de abril 2017
Obxectivos:
Obter formación para a comunicación con persoas estranxeiras a través de intérpretes profesionais abordando os seguintes aspectos: coñecer cales son as características e deontología da interpretación profesional; adquirir competencias para traballar con intérpretes de maneira eficaz; recibir pautas sobre como detectar a interpretación non profesional e que facer para evitar os problemas que ocasiona, coñecer a lexislación que ampara o dereito a tradución e interpretación en contextos penais e policiais; coñecer cal é o estado actual da provisión de servizos de tradución/interpretación nos xulgados e dependencias policiais de España e Galicia.
Contido:
1. O TRABALLO CON INTÉRPRETES: ASPECTOS XERAIS (4 horas)
2. O TRABALLO CON INTÉRPRETES NO ÁMBITO POLICIAL (10 horas)
3. A PROTECCIÓN DO DEREITO DAS PERSOAS ESTRANXEIRAS A ENTENDER E A SER ENTENDIDAS (4 horas)
4. CONCLUSIÓNS DO CURSO (2 horas)
Persoas destinatarias:
- Corpo da Garda Civil
- Corpo Nacional de Policía
- Corpos de Policía Local
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia