RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2018, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo unitario para o ingreso nos corpos de policía local, categoría de policía, quenda libre, convocado mediante a Orde do 4 de xullo de 2018, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio.
Data: 11 de novembro de 2018
Lugar: Pavillón 2 do Recinto Feiral, s/n, 36540 Silleda (Pontevedra).
Hora: 10.00 horas.
As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa entidade, ao xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.