A Academia Galega de Seguridade Pública convoca mediante Resolución do 27 de setembro de 2019 (DOG núm. 191 do 8 de outubro de 2019) as probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.
O obxecto desta resolución é a convocatoria das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas e a súa expedición.
As probas rexeranse polo establecido nesta resolución e nas bases xerais recollidas na Orde do 21 de abril de 2010 (DOG núm. 78, do 27 de abril).
Os códigos dos procedementos regulados son PR471A e PR472A.
Lugar e prazo de presentación de solicitudes
As solicitudes do procedemento PR471A presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede. xunta. gal.
Opcionalmente poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 ( https://sede. xunta. gal/ chave365).
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia, desde o día 09/10/2019 ao 06/11/2019, ambos inclusive.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo ao cartafol do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Calquera dúbida ou aclaración póñanse en contacto co Servizo de Formación en Seguridade Pública no teléfono 886 206 110 ou ben no correo electrónico formacion.agasp [at] xunta.gal (formacion[dot]agasp[at]xunta[dot]gal).
Programa das probas de selección para a obtención da habilitación necesaria para realizar a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas
1. Constitución española de 1978: dereitos e deberes fundamentais da persoa.
2. Normativa básica do dereito de admisión.
3. Normativa básica sobre follas de reclamacións.
4. Nocións básicas sobre a posesión de armas nos locais de pública concorrencia.
5. Normativa sobre horarios de establecementos públicos.
6. Normativa sobre menores de idade e limitacións á oferta de bebidas alcohólicas e tabaco.
7. Nocións básicas sobre medidas de seguridade nos establecementos de pública concorrencia: plans de seguridade, seguridade contra incendios, saídas de emerxencia e evacuación.
8. Conceptos básicos de primeiros auxilios para atender situacións de asistencia sanitaria inmediata.
9. Criterios de actuación en situacións de perigo para as persoas. A interactuación persoal para previr situacións de riscos específicos e os diferentes tipos de comportamentos das persoas noutras situación previsibles.