RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2023 pola que se convoca unha xornada sobre intervención con menores.
A atención á infancia e á adolescencia constitúen unha prioridade para as administra-cións públicas. Por iso e tendo en conta a realidade social, reflectida no aumento dos delitos cometidos por menores e sobre menores, un colectivo vulnerable que necesita unha especial dedicación, así como o notable aumento de suicidios e autolesións, faise necesaria unha formación actualizada e unha sensibilización entre o persoal das forzas e corpos de seguridade, o persoal de xudicatura, fiscalía e avogacía, e do persoal dos servizos sociais, entre outros. Por tanto, dentro das actividades programadas para o ano 2023, ao abeiro das funcións atribuídas pola Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Academia Galega de Seguridade Pública, anúnciase a convocatoria dunha xornada sobre intervención con menores, cuxo obxectivo principal é abordar a problemática máis importante en relación coa intervención xurisdicional con menores, así como a sensibilización no trato con menores.
1. Datos da actividade.
Denominación: xornada sobre intervención con menores.
Tipo: xornada.
Horas lectivas: 4 horas.
Modalidade: presencial.
Data: 5 de maio de 2023.
Horario: de 10.00 a 14.00 horas
Lugar: sede da Academia Galega de Seguridade Pública.
Prazo de presentación de solicitudes: o prazo de inscrición na xornada rematará o 03.05.2023
Prazas ofertadas: sen límite
2. Persoas destinatarias.
Persoal das forzas e corpos de seguridade, xudicatura, Ministerio Fiscal e demais persoal interesado.
3. Programa:
Das 10.00 ás 10.15 horas. Inauguración.
Das 10.15 ás 12.00 horas. Xurisdición penal de menores: problemática policial e xudicial.
Das 12.30 ás 13.30 horas. Educar a mellor prevención: saúde mental infanto-xuvenil e aspectos relevantes na educación e trato dos menores.
Das 13.30 ás 14.00 horas. Debate e cuestións.