A próxima edición do curso de formación para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas será o próximo 20 de abril de 2024 en horario de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 17:30.
Pode vostede matricularse na seguinte ligazón, lembre que ten que achegar o certificado de aptitude psicolóxica e que este procedemento non ten asignada ningún tipo de taxa:
As solicitudes deberán presentarse no modelo normalizado PR471A.
A listaxe provisional de persoas admitidas será publicado o 8 de abril de 2024 e as persoas excluídas dispoñerán dun prazo de tres días hábiles para emendar o motivo de exclusión, non sendo posible a corrección unha vez transcorrido ese prazo (do 9 ao 11 de abril ).
A listaxe definitiva de persoas admitidas será publicado o 12 de abril de 2024.