25
Set
2023

PROXIMO CURSO DE CONTROL DE ACCESO

PR471A

Luns, 25 de setembro de 2023

A próxima edición do curso de formación para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas será o próximo 18 de outubro de 2023 en horario de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 17:30.

Pode vostede matricularse na seguinte ligazón, lembre que ten que achegar o certificado de aptitude psicolóxica e que este procedemento non ten asignada ningún tipo de taxa: 

ligazón

As solicitudes deberán presentarse no modelo normalizado PR471A.

A listaxe provisional de persoas admitidas será publicada o 4 de outubro de 2023 e as persoas excluídas dispoñerán dun prazo de tres  días hábiles para emendar o motivo de exclusión, non sendo posible a emenda unha vez transcorrido ese prazo (do 5 ao 9 de outubro).

A listaxe definitiva de persoas admitidas será publicada o 10 de outubro de 2023.