A próxima edición do curso de formación para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas será o próximo 23 de setembro de 2023 en horario de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 17:30.
Pode vostede matricularse na seguinte ligazón, lembre que ten que achegar o certificado de aptitude psicolóxica e que este procedemento non ten asignada ningún tipo de taxa:
As solicitudes deberán presentarse no modelo normalizado PR471A.
A listaxe provisional de persoas admitidas será publicada o 8 de setembro e as persoas excluídas dispoñerán dun prazo de tres días hábiles para emendar o motivo de exclusión, non sendo posible a emenda unha vez transcorrido este prazo (11-13 de setembro de 2023).
A listaxe definitiva de persoas admitidas será publicado o 14 de setembro de 2023.