14
Mar
2025

PRÓXIMO CURSO DE CONTROL DE ACCESO 09 DE ABRIL

PR471A

A próxima edición do curso de formación para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas será o próximo 9 de abril de 2025 en horario de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 17:30.

Pode vostede matricularse na seguinte ligazón, lembre que ten que achegar o certificado de aptitude psicolóxica e que este procedemento non ten asignada ningún tipo de taxa: 

ligazón

As solicitudes deberán presentarse no modelo normalizado PR471A.

A listaxe provisional de persoas admitidas será publicado o 26 de marzo de 2025 e as persoas excluídas dispoñerán dun prazo de tres  días hábiles para emendar o motivo de exclusión, non sendo posible a corrección unha vez transcorrido ese prazo (do 27 ao 31 de marzo ).

A listaxe definitiva de persoas admitidas será publicado o 01 de abril de 2025.