Listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso para a provisión mediante contrato laboral temporal de postos de auxiliares de policía local

Resolución do 15 de marzo de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo unitario para a provisión, mediante contrato laboral temporal, de postos de auxiliares de policía local (código de procedemento PR461A) convocado pola Orde do 17 de febreiro de 2023 (DOG núm. 41 do 28 de febreiro)

Listaxe provisional de persoas admitidas, con indicación da exención ou non da proba de coñecementos da lingua galega e do idioma do enunciado da segunda proba do proceso

Impreso de solicitude

 

 

As persoas excluídas e as persoas non exentas da realización da proba de coñecementos da lingua galega  disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, para emendar, de ser o caso,  o defecto que motivou a exclusión ou a non exención da proba de coñecementos da lingua galega.

Así mesmo, as persoas aspirantes que non figuren na relación de admitidos nin na de excluídos disporán do mesmo prazo co obxecto de formular reclamación.

As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán excluídos definitivamente.

Prazo de emenda: do 22 de marzo ao 4 de abril ambos incluídos

 

Ano
2023
Destinatarios
Auxiliar de policía local
Tipo de listado
Lista provisional de admitidos