CM Emerxencias e protección civil

Ligazón a guía EDU.XUNTA

http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/7768

Currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de técnico en Emerxencias e Protección Civil

Xúntase o Decreto 21/2017, do 2 de febreiro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ao título de técnico en Emerxencias e Protección Civil.

Decreto 21/2017, do 2 de febreiro (DOG)

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20170306_curriculo_emerxencias.pdf

Regulado polo Decreto

Decreto FP Técnico Protección Civil 21_2017 DOG 45

Que se aprende a facer?

Intervir operativamente, cumprindo coas normas de seguridade, en emerxencias provocadas por sucesos ou catástrofes orixina das por ris cos di ver sos, en áreas tan to rurais e forestais como urbanas, realizan do as actividades de control, mitigación e extinción dos axentes causantes deses sucesos (lume, avenidas de auga, substancias NBQ, etc.), rescate, salvamento e a atención como primeiro interveniente das persoas afectadas e a rehabilitación de emerxencia das zonas ou os bens abranguidos, mantendo operativos os vehículos, os equipamentos, as máquinas e as ferramentas de intervención, así como organizar os equipos e as unidades baixo a súa responsabilidade, e contribuír á divulgación e ao cumprimento dos principios e as normas de protección civil, aplicando a normativa vixente.

En que ámbitos se traballa?

No sector de servizos de prevención e extinción de incendios forestais e apoio en continxencias do medio natural e rural e Protección Civil, nos servizos públicos estatais, autonómicos e locais de atención de emerxencias e os corpos de bombeiros, desenvolvendo a súa actividade como traballador/a de pendente das administracións públicas ou en empresas privadas dedicadas a traballos agroforestais e ambientais, en servizos de bombeiros/as dedicados á prevención de incendios e mantemento, e en sectores industriais dedicados á produción, á distribución, á fabricación e ao almacenamento de produtos e substancias perigosas, podendo exercer accións de colaboración internacional.

Que ocupacións se desempeñan?

Capataz ou encargado/a de extinción de incendios forestais; bombeiro/a forestal, de servizos municipais, provinciais, mancomunados, consorciados, autonómicos ou doutros servizos en entes públicos; técnico/a en emerxencias das Forzas Armadas; bombeiro/a de aeroportos ou de empresa privada.

Cales son os módulos deste ciclo impartidos na AGASP?

Na seguinte táboa figuran os módulos profesionais que compoñen este ciclo formativo, xunto co seu código, a súa duración e coa información do curso no que se imparten.

Que título se obtén?

Técnico en Emerxencias e protección civil

 

Módulos Profesionais

Código, duración e descrición dos módulos

Código: MP1528, Duración: 133 horas.

Mantemento e comprobación do funcionamento dos medios materiais empregados na prevención de riscos de incendios e emerxencias.

 

Código: MP1529, Duración: 210 horas.

Vixilancia e intervención operativa en incendios forestais.

 

Código: MP1530, Duración: 187 horas.

Intervención operativa en extinción de incendios urbanos.

 

Código: MP1531, Duración: 193 horas.

Intervención operativa en sucesos de orixe natural, tecnolóxico e antrópico.

 

Código: MP1532,Duración: 214 horas.

Intervención operativa en actividades de salvamento e rescate.

 

Código: MP1533,Duración: 70 horas.

Inspección de establecementos, eventos e instalacións para a prevención de incendios e emerxencias.

 

Código: MP1534, Duración: 104 horas.

Coordinación de equipos e unidades de emerxencias.