Garda civil

A Garda Civil é un Corpo de Seguridade Pública de natureza militar e ámbito nacional que forma parte das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

A súa orixe remóntase ao 28 de marzo de 1844 cando, por Real Decreto, se crea a Garda Civil como un “corpo especial de forza armada de Infantería e Cabalería”, coa “denominación de Gardas Civís”.

Depende do Ministerio do Interior en canto a servizos, retribucións, destinos e medios, e do Ministerio de Defensa en canto a ascensos e misións de carácter militar.

Ademais, atende as necesidades do Ministerio de Facenda relativas a Resgardo Fiscal do Estado, e vela polo cumprimento das normas e regulamentos relacionados cos diferentes órganos da Administración Central, a Autonómica e a Local.

O 16 de novembro de 2015 publicábase no Boletín Oficial do Estado a Resolución do 4 de novembro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica do Ministerio do Interior, pola que se publica o Convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para a colaboración en materia de formación e actualización do persoal dos Corpos de Seguridade do Estado destinados na Comunidade Autónoma de Galicia.

Desta forma, a Academia ampla a formación, ademais da os colectivos históricos como a policía local e a policía autonómica (UPA), á Garda Civil que exerce as súas funcións na CCAA en todas aquelas actividades que de mutuo acordo desexan realizar.

Con este convenio complétase a formación dos colectivos que compoñen as Forzas e Corpos de Seguridade, ao incluír o mesmo tamén á Policía Nacional.

Ver menos

Cursos relacionados

Busca avanzada
705 resultados obtidos para a busca de: Seguridade Pública
02
Out
2012
Presencial
02/10/12 - 02/10/2012
A Estrada. Pontevedra
20
Abr
2012
Presencial
20/04/12 - 20/04/2012
A Estrada. Pontevedra
28
Feb
2012
Presencial
28/02/12 - 28/02/2012
A Estrada. Pontevedra
14
Feb
2012
Presencial
14/02/12 - 14/02/2012
A Estrada. Pontevedra
18
Dec
2011
Presencial
18/12/11 - 18/12/2011
A Estrada. Pontevedra