Localización, navegación e rescate en vehículos 4x4

Código: 171145
Número da edición: 1
Horas lectivas: 16
Prazas: 16
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 02/10/2017 - 03/10/2017
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Horario: de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 19:30 h
Días: 2 e 3 de outurbo de 2017
Obxectivos:
Adestrar ós participantes para que acaden novas técnicas e habilidades para unha conducción segura, e sexan capaces de afrontar o manexo e o dominio do 4x4 ante situacións adversas.
Formar ós traballadores encargados da condución deste tipo de vehículos para que traten de realizar o seu traballo cunha condución responsable, respectando as normas de circulación viaria.
Tentar reducir ó mínimo os riscos laborais dos traballadores que deban usar os vehículos 4x4 como medio para o desenvolvemento ou a realización das súas funcións profesionais.
Sinalar as pecualiaridades da condución neste tipo de vehículo en estrada.
Contido:
Contido teórico:
- Pecualiaridades da conducción dun 4x4 en estrada: transferencia de pesos e centro de gravidade, adherencia do neumático e uso do acelerador
- Coñecemento do 4x4: Uso da tracción, uso da reductora, bloqueo dos diferenciais e uso do winch
- Técnicas de condución en 4x4: Conceptos previos (ángulo ataque, saída, pendentes...), uso do volante, uso do acelerador, o freo ABS e all road e manobras específicas do todoterreo.
Desenvolvemento do contido práctico:
- Series de condución en asfalto seco de 2x4
- Series de condución en asfalto seco de 4x4
- Series de condución en asfalto mollado de 2x4
- Series de condución en asfalto mollado de 4x4
- Zonas all road
- Condución en terra
- Manobras específicas: Ascenso/descenso de pendentes, cruce de pontes, paso de cristas, canles e gabias
Persoas destinatarias:
- Corpo da Garda Civil