Profesionais emerxencias / Bombeiros / GES

A Lei 5/2007, de 7 maio, de Emerxencias de Galicia regula o sistema integrado de protección civil e emerxencias en Galicia, dirixido a adoptar medidas preventivas que eviten situacións de risco, a actuar en caso de risco ordinario e a protexer a integridade das persoas e os bens de titularidade pública ou privada e o medio ambiente de danos en situacións de emerxencia ou grave risco provocados por catástrofes, calamidades, accidentes e outras situacións ou continxencias análogas.
O sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia estará formado tanto por persoal de carácter profesional como por voluntarios.
A protección civil é un servizo público esencial. Na súa organización, funcionamento e execución participan as distintas administracións públicas de Galicia, así como a cidadanía mediante a colaboración voluntaria ou en cumprimento dos deberes que establece a presente Lei.
A dirección e coordinación das actividades reguladas na citada Lei5/2007, corresponderá ao persoal profesional.
O persoal profesional é aquel que desempeña a súa actividade mediante vínculo laboral con algún dos servizos relacionados coa xestión de riscos e de emerxencias, con independencia do réxime xurídico de xestión dos mesmos.
Segundo dispoñen os artigos 25 e 26.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e os artigos 80 e 81 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia, os municipios deberán prestar á súa cidadanía os servizos públicos que contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións da comunidade de veciños, entre os que se atopan a seguridade en lugares públicos e a protección civil e extinción de incendios, polo que teñen necesidade de contar con medios para poder facer fronte ás súas competencias, compartidas e concorrentes, en materia de protección civil e emerxencias.
Nesta liña, a Xunta de Galicia e a FEGAMP acordaron mediante convenio a creación dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES) que complementasen a atención das emerxencias e extinción de incendios forestais, xunto cos parques de bombeiros municipais e os parques de bombeiros comarcais, de forma que cubrisen zonas  desprovistas de servizos de emerxencia, co ámbito de atención superior ao municipal.Tendo por obxecto o convenio colaborar para completar o mapa de emerxencias de Galicia mediante a implantación dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES), como grupos operativos en emerxencias de ámbito supramunicipal, para a realización das funcións que teñen atribuídas.

Ver menos

Cursos relacionados

Busca avanzada
857 resultados obtidos para a busca de: Emerxencias
21
Out
2014
Presencial
21/10/14 - 24/10/2014
A Estrada. Pontevedra
20
Out
2014
Presencial
20/10/14 - 29/11/2014
Foz. Lugo
18
Out
2014
Presencial
18/10/14 - 26/10/2014
Lobios. Ourense
18
Out
2014
Presencial
18/10/14 - 19/10/2014
A Estrada. Pontevedra
15
Out
2014
Presencial
15/10/14 - 16/10/2014
A Estrada. Pontevedra
11
Out
2014
Presencial
11/10/14 - 12/10/2014
Vigo. Pontevedra
10
Out
2014
Presencial
10/10/14 - 19/10/2014
Manzaneda. Ourense
10
Out
2014
Presencial
10/10/14 - 19/10/2014
Culleredo. A Coruña