Medio Rural

A escala de axentes técnicos en xestión medioambiental, regulada na Lei 2/2015, de 29 de abril de emprego público de Galicia, recolle as anteriores escalas de axentes forestais a escala de axentes técnicos facultativos ambientais e enlaza co corpo de gardería forestal do Estado como corpo especializado na custodia dos montes e da riqueza cinexética a eles vinculada, na que teñen unha longa tradición de preto de cen anos, así como da riqueza piscícola de augas continentais e a conservación da natureza. De feito, o persoal da escala de axentes forestais está composto tanto por persoal propio desta Administración como polo transferido do devanditos corpo e escala da Administración do Estado, na que estaban regulados por unha normativa específica por motivo das peculiaridades dos servizos que ten encomendados, algúns deles considerados esenciais para a comunidade.

As funcións de axentes técnicos en xestión medioambiental son de execución, colaboración e apoio aos corpos facultativos de grao superior e medio, así como a dirección e o control directo do persoal ao seu cargo, e en particular: 

  • A xestión pública forestal e a policía e custodia dos bens xurídicos de natureza forestal.
  • A custodia e protección dos ecosistemas naturais, controlando as actividades relacionadas coa utilización e aproveitamentos de recursos naturais. 
  • A participación nas tarefas de defensa e prevención dos incendios forestais e calquera outra causa que ameace os ecosistemas. 
  • A custodia e protección dos espazos naturais, da riqueza cinexética e piscícola e da flora e fauna silvestres. 
  • A execución e coordinación de traballos e a adopción das medidas que se precisen para a prestación dos servizos de custodia e protección da riqueza forestal e ambiental. 
  • A participación en actividades de divulgación e extensión forestal e en accións de fomento forestal que leven a cabo para a xestión sustentable e multifuncional do monte.
  • Calquera outras funcións que se lle encomenden regulamentariamente en relación á xestión e tutela dos recursos naturais renovables e coa conservación do medio ambiente.
     
Ver menos

Cursos relacionados

Busca avanzada
509 resultados obtidos para a busca de: Emerxencias
22
Xan
2024
Presencial
22/01/24 - 30/01/2024
A Estrada. Pontevedra
19
Xan
2024
Presencial
19/01/24 - 05/04/2024
A Estrada. Pontevedra
15
Xan
2024
Presencial
15/01/24 - 25/01/2024
A Estrada. Pontevedra
12
Xan
2024
En liña
12/01/24 - 25/01/2024
11
Dec
2023
Semipresencial (en liña + presencial)
11/12/23 - 15/12/2023
A Estrada. Pontevedra
20
Nov
2023
En liña
20/11/23 - 04/12/2023
20
Nov
2023
Presencial
20/11/23 - 24/11/2023
A Estrada. Pontevedra
20
Nov
2023
Presencial
20/11/23 - 28/11/2023
A Estrada. Pontevedra