Xornadas sobre delitos contra saúde e branqueo capitais

Código: XBRAN
Número da edición: 1
Horas lectivas: 12
Prazas: 80
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 23/10/2008 - 24/10/2008
Lugar: Vigo (Pontevedra)
Localización: Centro Sociocultural de Caixa Galicia
Horario: Día 23, 9.30 a 14.30 e 16.30 a 19.00. Día 24, 9.30 a 14.00
Obxectivos:
-Coñecer a actualidade normativa e operativa relacionada cos delitos contra a saúde pública, identificando e concretando especialmente os problemas derivados do tráfico de drogas e do branqueo de capitais asociado a este tráfico.


-Delimitar cales son os mecanismos de investigación e represión para optimizar a cooperación xudicial e policial nacional e internacional.


-Como obxectivo específico, finalmente, salientar os problemas máis usuais concorrentes nas investigacións e instrucións xudiciais e as súas posibles solucións.
Contido:
Delitos contra a saúde pública (artigos 359 ao 367 CP).

-Especial referencia ao tráfico de drogas.

-Branqueo de capitais.

-Novas formas de investigación policial e xudicial.

-Problemática asociada a este tipo de delitos.
Persoas destinatarias:
- Outros Destinatarios
Inscrición:
A inscrición dos participantes será totalmente gratuita.
Publicacións admitidas:
A relación de admitidos farase pública o día 21 de outubro a partir das 14.00 horas, no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade Pública e na páxina web http://agasp.xunta.es, ou ben poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando aos teléfonos 886-206117/118.
Solicitudes:
O prazo para a presentación de instancias rematará o día 20 de outubro, ás 14 horas.
As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade Pública: avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada (fax: 886 206 122), ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.