Autocad para elabor. atestados e disp. de tráfico

Código: P0001
Número da edición: 1
Horas lectivas: 60
Prazas: 50
Modalidade: En liña
Data inicio - fin: 22/09/2008 - 04/11/2008
Obxectivos:
1. Perfeccionarse nos coñecementos de expresión gráfica.
2. Especializarse no manexo de paquetes de deseño para a confección de atestados ou informes.
3. Adoptar técnicas automatizadas para a representación gráfica nos informes.
Contido:
Parte teórica: Funcionalidades do programa Autocad.
Parte práctica: cada semana esixirase a cumprimentación de dous traballos que deberán enviarse ao profesorado para a súa avaliación antes das 21.00 horas dos venres.
Persoas destinatarias:
-
Requisitos:
O alumnado participante, utilizando as funcionalidades para o deseño do programa de autocad deberá realizar os informes técnicos que se esixen en cada actividade, coidando de que o resultado recolla todas e cada unha das medidas indicadas, requisito indispensable para ser avaliado.
O alumnado terá que axustarse en todo momento ao calendario que establece a convocatoria do curso para a cumprimentación dos traballos e casos prácticos. Non se permitirá o envío de ningún dos traballos fora do prazo establecido.
A non cumprimentación de algún dos traballos implicará a baixa do/a alumno/a no curso.
Os casos prácticos serán avaliados de 0 a 10 puntos, establecéndose en 5 puntos a superación dos mesmos. Os que non acaden esta puntuación mínima causarán baixa no curso.
As cualificacións estarán expostas na páxina do curso antes das 9.00 horas do luns seguinte, co obxecto de que aqueles alumnos/as que superaran as probas poidan comezar co seguinte módulo.
Inscrición:
A inscrición dos participantes será totalmente gratuita.
Publicacións admitidas:
A listaxe farase pública o día 17 de setembro a partir das 14.00 horas, no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade Pública e na páxina web http://agasp.xunta.es.
As persoas comprendidas na listaxe de admitidos terán de prazo ata ás 09.00 horas do día 19 de setembro, para acceder á plataforma de formación en liña da Academia e inscribirse no curso.
Rematado este prazo, as persoas seleccionadas non inscritas perderán o dereito a participar no curso, e a Academia procederá a cubrir as vacantes coa listaxe das reservas, segundo a orde correspondente. Esta inscrición faraa a Academ
Solicitudes:
1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta con letra moi clara, a instancia que figura no anexo, ou o formulario de inscrición que estará operativo na páxina web da Academia. Necesariamente terá que indicarse unha conta de correo electrónico.
Todas aquelas persoas que formalicen a solicitude de participación deberán inscribirse como alumna/o na plataforma de formación en liña da Academia, á que se accede a través da web http://agasp.xunta.es na alínea de “Formación en liña”.
Calquera continxencia para formalizar a inscrición na aula de formación en liña será ate