E. formadores educación viaria mozos e adolescente

Código: EVIAR
Número da edición: 1
Horas lectivas: 20
Prazas: 27
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 04/11/2008 - 07/11/2008
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Horario: 9.00 a 14.00 horas
Obxectivos:
- Coñecer e comprender a importancia que ten a educación viaria na educación para mozos e adolescentes.
- Afondar na necesidade de inculcar nos mozos e adolescentes valores axeitados para que usen as vías públicas con seguridade como peatón, condutor e pasaxeiro.
- Dotar aos policías locais de ferramentas e recursos para deseñar intervencións educativas que teñan como base a educación viaria no campo da educación de mozos e adolescentes, tanto no ámbito da educación formal coma non formal.
Contido:
- Introdución xeral ao concepto de educación viaria e concretamente, na súa aplicación a mozos e adolescentes: contidos, obxectivos, metodoloxía, etc.
- Importancia da educación viaria na educación de mozos e adolescentes e a necesidade de desenvolver programas educativos no ámbito da educación non formal.
- Planificación e programación dun proceso educativo de educación viaria en educación de mozos e adolescentes.
- Materiais didácticos de educación viaria para mozos e adolescentes. Outros recursos didácticos da DGT.
Persoas destinatarias:
- Corpos de Policía Local
Inscrición:
A inscrición dos participantes será totalmente gratuita.
Publicacións admitidas:
A relación de admitidos farase pública o día 30 de outubro a partir das 14.00 horas, no taboleiro de anuncios do Academia Galega de Seguridade Pública e na páxina web http://agasp.xunta.es, ou ben poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando aos teléfonos 886 206 117/118.
Solicitudes:
1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo, na que deberá constar necesariamente a sinatura da autoridade da que dependa.
2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 27 de outubro ás 14.00 horas.
3. As instancias deberán enviarse á Academia Galega de Seguridade Pública, sita na Avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada (Fax: 886 206 122);, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.