Busca e salvamento en montaña e zonas illadas

Código: BS007
Número da edición: 7
Horas lectivas: 25
Prazas: 15
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 17/10/2009 - 18/10/2009
Lugar: Redondela (Pontevedra)
Localización: Casa da Cultura
Obxectivos:
Dotar aos integrantes dos servizos de protección civil dunha formación teórico-práctica que lle facilite a realización das tarefas encomendadas de busca e salvamento de persoas na montaña e zonas illadas.
Contido:
Xeneralidades.
Coordinación do socorro.
Protocolos de busca.
Distribución de tarefas.
Orografía e cartografía.
Lectura e interpretación de mapas.
Principios básicos de orientación e utilización do compás.
Métodos de busca de persoas desaparecidas.
Busca en situacións especiais.
Técnicas de busca e salvamento en zonas de difícil acceso. Axentes agresores na montaña.
Actuacións en situacións de risco vital.
Técnicas de inmobilización e traslado con medios convencionais e improvisados.
Consellos prácticos para a prevención de accidentes.
Persoas destinatarias:
- Outros profesionais e voluntarios de Protección Civíl e Emerxencias
Requisitos:
Os cursos van dirixidos aos integrantes dos servizos de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia, que teñan superado o curso básico de protección civil.

1. Prazas: 30 prazas por curso.
2. Duración : 35 horas lectivas por curso.
3. Lugar: Determinarase en función da localización das solicitudes recibidas.
4. Datas: Confirmarase coa suficiente antelación ao seu inicio.
Inscrición:
A inscrición das persoas interesadas será totalmente gratuita.