Dispensa dun grao (bacharelato)

Código: 2DISG
Número da edición: 1
Horas lectivas: 1000
Prazas: 37
Modalidade: En liña
Data inicio - fin: 07/07/2008 - 17/12/2008
Obxectivos:
O curso ten por obxectivo fundamental seguir o espírito da citada Lei 4/2007 que busca a integración nos corpos de policía local de determinado persoal que, sen ostentar a condición de policía local, mantén unha relación de servizo coa administración local da que depende, desempeñando postos de traballo e funcións diversas, algunhas baixo fórmulas xuridicamente pouco ortodoxas, que non permiten acadar a necesaria coordinación que tanto a Lei 2/86, de 13 de marzo, de forzas e corpos de seguridade, como as propias leis de coordinación encomendan ás Comunidades Autónomas.

Preténdese ao mesmo tempo dispensar dun grao na titulación (bacharel), segundo o disposto tanto na disposición adicional segunda como na transitoria primeira, punto segundo, da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais de Galicia.
Contido:
A) Alumnos afectados pola disposición adicional segunda
Módulo I: actualización normativa
Módulo II: operativa policial
Módulo III: deontoloxía policial
Módulo IV: cálculo e lóxica matemática.
Módulo V: ciencias naturais.
Módulo VI: lingua, ortografía e literatura castelá.
Módulo VII: historia e sociedade contemporánea.
Módulo VIII: literatura galega, idioma galego e linguaxe administrativo.

B) Alumnos afectados pola disposición transitoria primeira:
Módulo I: actualización normativa
Módulo II: operativa policial
Módulo III: deontoloxía policial
Módulo IV: cálculo e lóxica matemática
Módulo V: ciencias naturais
Módulo VI: lingua, ortografía e literatura castelá
Módulo VII: historia e sociedade contemporánea
Módulo VIII: literatura galega, idioma galego e linguaxe administrativa
Persoas destinatarias:
- Corpos de Policía Local
Requisitos:
Os solicitantes deberán estar en posesión do título de bacharel elemental, graduado escolar, graduado en ESO, ou título equivalente, do que deberán achegar copia compulsada xunto coa solicitude de admisión no curso. Noutro caso non serán admitidos no mesmo.
Inscrición:
A inscrición dos participantes será totalmente gratuita.