Prevención e actuación en incidencias en vehículos eléctricos e híbridos

Código: 262110
Data de inscrición: 28/02/2026 - 16/03/2026
Número da edición: 3
Horas lectivas: 8
Prazas: 24
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 16/05/2026 - 16/05/2026
Lugar: Celanova (Ourense)
Localización: Por determinar
Días: 16 de maio de 2026
Obxectivos:
Adquirir coñecementos sobre a identificación, estrutura e funcionamento dos vehículos eléctricos e híbridos, para poder intervir con seguridade en emerxencias nas que estean implicados este tipo de vehículos
Contido:
1. Vehículos electrificados (VE). Tipos e identificación
2. Fundamentos básicos de funcionamento dun VE
3. Riscos na manipulación de VEs e híbridos accidentados
4. Procedemento de desactivación do sistema de alta tensión
5. Procedementos de actuación en sinistros viarios
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl - Escala de Mandos (Xefe de Unidade, Sección, Grupo ou Equipo)
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl - Subxefe da Agrupación
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl - Voluntario/a
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl - Xefe da Agrupación
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia
Requisitos:
1. REQUISITOS XERAIS:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
3) Para os cursos semipresenciais: os requirimentos técnicos para a formación en liña.
4) Uniformidade para presencial

2. CRITERIOS DE SELECCIÓN:
1º De acordo coa lei de igualdade da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, reservarase un 50 % das prazas para mulleres que reúnan os requisitos esixidos na convocatoria.
2º Reservarase un 40% das prazas para os solicitantes con residencia no concello onde se realice o curso cando curso sexa presencial
3ª No suposto que de houbera dous o máis cursos susceptibles de poder solapar a súa realización, nas devanditas actividades formativas terán preferencia aquelas persoas que non estean admitidos en ningún outro curso
4º Teñen preferencia as persoas con residencia na provincia onde se realice o curso si é descentralizado
5º Menor número de actividades feitas na Agasp nos últimos 2 anos.
6º Data e hora na presentación de solicitudes
Inscrición:
Gratuita
convocatoria: DOG núm. 39 - 27/02/2026
Publicacións admitidas:
RENUNCIAS
- A renuncia deberase comunicar por escrito ao correo electrónico: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, co fin de poder cubrir a vacante.
- Si renuncia con menos de 3 días hábiles ao inicio do curso, ten que ser por causa de forza maior xustificada documentalmente.
- De non comunicar a renuncia a persoa seleccionada será penalizada coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de (6) meses. No suposto de reincidencia en máis de un curso o prazo será de doce (12) meses.