Manexo de material de emerxencias

Código: 262107
Data de inscrición: 28/02/2026 - 16/03/2026
Número da edición: 2
Horas lectivas: 8
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 09/05/2026 - 09/05/2026
Lugar: Verín (Ourense)
Localización: Por determinar
Horario: 09.00-14.00 / 16.00-19.00
Días: 9 de maio de 2026
Obxectivos:
- Manexar as ferramentas de emerxencias con seguridade
- Realizar un bo mantemento das ferramentas.
Contido:
TEORÍA. Equipamento de emerxencia (1 hora)
1. Remolques para atención ás emerxencias.
2. Tendas de campaña para emerxencias.
3. Coitelas para retirada de neve.
4. Esparcidores de sal.
5. Desfibriladores externos.
6. Embarcacións pneumáticas.
7. Kits de material loxístico de seguridade viaria.
8. Kits de material para as emerxencias no medio acuático.
9. Kits de ferramentas eléctricas para a atención ás emerxencias.
10. Equipos de protección individual.
11. Uso correcto e mantemento dos diferentes equipos

PRÁCTICA (7 horas)
1. Prácticas esparcidor de sal.
2. Prácticas coitelas quitaneves (montaxe e desmonte dous equipos nos vehículos e mantementos e limpeza dos mesmos)
3. Prácticas con ferramentas eléctricas (corte con radial, serra sabre, motoserra de batería)
4. Prácticas equipos de iluminación (xerador eléctrico, montaxe de sistema de iluminación)
5. Prácticas equipamento de seguridade viaria (biombo de protección visual, sinalización e balizamento de diferentes escenarios como accidentes ou incendios)
6. Prácticas montaxe e desmonte tenda de campaña para emerxencias.
7. Prácticas equipamento de achiques en emerxencias (achiques e puntos de carga en emerxencias).
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl - Escala de Mandos (Xefe de Unidade, Sección, Grupo ou Equipo)
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl - Subxefe da Agrupación
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl - Voluntario/a
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl - Xefe da Agrupación
Destinatarios específicos:
Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil de Galicia
Requisitos:
1. REQUISITOS XERAIS:
a) Ter superado o curso básico de protección civil.
b) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.
2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
3) Uniformidade para presenciais

2. CRITERIOS DE SELECCIÓN:
1º De acordo coa lei de igualdade da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, reservarase un 50 % das prazas para mulleres que reúnan os requisitos esixidos na convocatoria.
2º Reservarase un 40% das prazas para os solicitantes con residencia no concello onde se realice o curso cando curso sexa presencial
3º Teñen preferencia as persoas con residencia na provincia onde se realice o curso
4º Menor número de actividades feitas na Agasp nos últimos 2 anos.
5º Data e hora na presentación de solicitudes
Inscrición:
Gratuita
convocatoria: DOG núm. 39 - 27/02/2026
Publicacións admitidas:
RENUNCIAS
- A renuncia deberase comunicar por escrito ao correo electrónico: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, co fin de poder cubrir a vacante.
- Si renuncia con menos de 3 días hábiles ao inicio do curso, ten que ser por causa de forza maior xustificada documentalmente.
- De non comunicar a renuncia a persoa seleccionada será penalizada coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de (6) meses. No suposto de reincidencia en máis de un curso o prazo será de doce (12) meses.