Investigación causal de incendios urbanos, industriais e forestais

Código: 262019
Data de inscrición: 20/02/2026 - 02/03/2026
Número da edición: 1
Horas lectivas: 24
Prazas: 15
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 16/03/2026 - 18/03/2026
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Teoría: aula 3 - Prácticas:: garaxe AGASP
Horario: 09:00-14:00//15:30-18:30
Días: 16, 17 e 18 de marzo de 2026
Obxectivos:
- Integrar a determinación causal de incendios como parte esencial da prevención de incendios.
- Definir as pautas de control do escenario dende a intervención ata a toma de mostras.
- Coordinar as actuación de conservación do escenario entre os diferentes servizos de seguridade.
- Dotar os alumnos dos criterios de determinación da causa do lume segundo as marcas e vestixios do incendios conforme aos modelos normalizados de definición da causa.
Contido:
Módulo 1: Método científico investigación incendios (8 horas)
Módulo 2: Método de investigación por evidencias físicas (8 horas)
Módulo 3: Método mixto de investigación de incendios (4 horas)
Módulo4: Determinación causal e coordinación cos servizos públicos de investigación (4 horas)
Persoas destinatarias:
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal - Persoal do GES
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias - Persoal de intervención
- Bombeiros dos Parques de Consorcios - Bombeiro/a - condutor/a
- Bombeiros dos Parques Municipais - Bombeiro/a - conductor/a
Destinatarios específicos:
- Bombeiros dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios).
- Persoal dos grupos de emerxencia supramunicipais (GES).
- Persoal dos servizos municipais de protección civil e emerxencias.
Requisitos:
1) Os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.

CRITERIOS DE SELECCIÓN:
1. En cada edición das distintas actividades formativas convocadas por esta resolución, as prazas distribuiranse entre os colectivos destinatarios do curso
2. Segundo a Lei de Igualdade da C. Autónoma reservarase un 50% das prazas para mulleres que reúnan os requisitos exixidos na convocatoria.
3. No suposto que polas características dos cursos seleccionados estes fosen susceptibles de poder solapar a súa realización, nas devanditas actividades formativas terán preferencia aquelas persoas que non estean admitidos en ningún outro curso.
4. Se despois de aplicar os criterios anteriores hai empate, terán preferencia as persoas con menos cursos feitos na Agasp nos últimos dous anos, e se o empate persistira terán preferencia as persoas que cronoloxicamente solicitaran a realización dos cursos con anterioridade.
5. Os solicitantes que realizasen anteriormente o curso poderán ser seleccionados para realizalo no suposto de existiren vacantes.
Inscrición:
Gratuita
convocatoria: DOG núm. 33 - 19/02/2026
Publicacións admitidas:
RENUNCIAS
- A renuncia deberase comunicar por escrito ao correo electrónico: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, co fin de poder cubrir a vacante.
- Si renuncia con menos de 3 días hábiles ao inicio do curso, ten que ser por causa de forza maior xustificada documentalmente.
- De non comunicar a renuncia a persoa seleccionada será penalizada coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de (6) meses. No suposto de reincidencia en máis de un curso o prazo será de doce (12) meses.