Intervención con vehículos especiais

Código: 262013
Data de inscrición: 20/02/2026 - 02/03/2026
Número da edición: 1
Horas lectivas: 24
Prazas: 40
Modalidade: En liña
Data inicio - fin: 01/04/2026 - 29/04/2026
Obxectivos:
- Formar aos profesionais dos servizos de extinción de incendios e salvamento para intervencións con vehículos especiais
Contido:
MÓDULO 1. INTRODUCIÓN E NORMAS EURO SOBRE EMISIÓNS (4 horas)
1. Introdución
2. Xeneralidades dos vehículos

MÓDULO 2. VEHÍCULOS DE NOVAS TECNOLOXÍAS (16 horas)
1. Vehículos de gas licuado do petróleo ( GLP ou GLV)
2. Vehículos de gas natural licuado comprimido
3. Vehículos híbridos e eléctricos
4. Vehículos de hidróxeno

MÓDULO 3. EQUIPOS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL PARA INTERVENCIÓN EN VEHÍCULOS ESPECIAIS E PROCEDEMENTOS (4 horas)
1. Seguridade en intervencións viarias
2. Intervencións con incendio
3. Intervencións con riscos engadidos
Persoas destinatarias:
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal - Persoal do GES
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias - Persoal de intervención
- Bombeiros dos Parques de Consorcios - Bombeiro/a - condutor/a
- Bombeiros dos Parques Municipais - Bombeiro/a - conductor/a
Destinatarios específicos:
- Bombeiros dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios).
- Persoal dos grupos de emerxencia supramunicipais (GES).
- Persoal dos servizos municipais de protección civil e emerxencias.
Requisitos:
1. Os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou o desempeño das funcións correspondentes ao curso ao que se opta, mediante declaración que se cubrirá xunto coa solicitude de matricula no curso.
2. Los requerimientos técnicos para usar la web de los cursos de la Agasp (basada en una herramienta de aprendizaje electrónica o e-learning)

CRITERIOS DE SELECCIÓN:
1. En cada edición das distintas actividades formativas convocadas por esta resolución, as prazas distribuiranse entre os colectivos destinatarios do curso
2. Segundo a Lei de Igualdade da C. Autónoma reservarase un 50% das prazas para mulleres que reúnan os requisitos exixidos na convocatoria.
3. Se despois de aplicar os criterios anteriores hai empate, terán preferencia as persoas con menos cursos feitos na Agasp nos últimos dous anos, e se o empate persistira terán preferencia as persoas que cronoloxicamente solicitaran a realización 2 cursos con anterioridade.
4. No suposto que polas características dos cursos seleccionados estes fosen susceptibles de poder solapar a súa realización, nas devanditas actividades formativas terán preferencia aquelas persoas que non estean admitidos en ningún outro curso.
5. Os solicitantes que realizasen anteriormente o curso poderán ser seleccionados para realizalo no suposto de existiren vacantes.
Inscrición:
Gratuita
convocatoria: DOG núm. 33 - 19/02/2026
Publicacións admitidas:
RENUNCIAS
- A renuncia deberase comunicar por escrito ao correo electrónico: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, co fin de poder cubrir a vacante.
- Si renuncia con menos de 3 días hábiles ao inicio do curso, ten que ser por causa de forza maior xustificada documentalmente.
- De non comunicar a renuncia a persoa seleccionada será penalizada coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de (6) meses. No suposto de reincidencia en máis de un curso o prazo será de doce (12) meses.