Actuación policial ante condutas autolíticas
Código:
261235
Número da edición:
1
Horas lectivas:
20
Prazas:
35
Modalidade:
En liña
Data inicio - fin:
19/10/2026 - 18/11/2026
Obxectivos:
OBXECTIVO XENERAL
Proporcionar ao persoal da Garda Civil coñecementos e ferramentas prácticas para detectar, valorar e intervir de forma adecuada ante situacións de risco autolítico, mellorando a capacidade de resposta, a comunicación coa persoa en crise, a toma de decisións e a coordinación co resto dos servizos de emerxencia e/o recursos dispoñibles.
A formación estará orientada fundamentalmente a situacións de intervención, proporcionando pautas aplicables ao traballo diario e adaptadas aos diferentes escenarios nos que pode producirse unha conduta autolítica.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
• Recoñecer as diferentes manifestacións da conduta autolítica e diferencialas doutras situacións de crises.
• Detectar rapidamente sinais de alarma e indicadores de risco durante a intervención policial.
• Identificar os principais factores de risco e de protección asociados á conduta autolítica.
• Realizar unha primeira valoración da situación e do nivel de risco.
• Solicitar e identificar a información relevante para a xestión da emerxencia.
• Formular preguntas directas e adecuadas sobre a ideación suicida, favorecendo unha comunicación segura e evitando actuacións que poidan incrementar a tensión ou o risco.
• Aplicar técnicas de escoita activa, contención emocional e desescalada verbal adaptadas a persoas en situación de crise.
• Priorizar en todo momento a seguridade da persoa, de terceiros e dos propios axentes intervenientes.
• Tomar decisións de actuación eficaces en condicións de incerteza e elevada presión.
• Resolver supostos prácticos baseados en situacións e escenarios habituais do servizo policial

Contido:
MÓDULO 1. COMPRENDER A CONDUTA AUTOLÍTICA PARA PODER INTERVIR
MÓDULO 2. DETECCIÓN RÁPIDA E VALORACIÓN INICIAL DO RISCO
MÓDULO 3. COMUNICACIÓN EN CRISE E TÉCNICAS DE DESESCALADA
MÓDULO 4. ACTUACIÓN POLICIAL EN DIFERENTES ESCENARIOS
MÓDULO 5. RESOLUCIÓN DE CASOS PRÁCTICOS

Persoas destinatarias:
- Corpo da Garda Civil - Corpo da Garda Civil - Comandante - Corpo da Garda Civil - Coronel - Corpo da Garda Civil - Garda Civíl - Corpo da Garda Civil - Sarxento/a - Corpo da Garda Civil - Tenente Coronel - Corpo da Garda Civil - Tenente/a - Corpo da Garda Civil - Xeneral - Corpo da Garda Civil - Alférez - Corpo da Garda Civil - Brigada - Corpo da Garda Civil - Cabo - Corpo da Garda Civil - Capitán