Atención e trato a persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA)

Código: 261210
Data de inscrición: 21/07/2026 - 10/09/2026
Número da edición: 1
Horas lectivas: 4
Prazas: 25
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 30/09/2026 - 30/09/2026
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: 1
Horario: De 10 a 14 h
Días: 30.9.2026
Obxectivos:
Obxectivo xeral
Dotar a axentes de Policía Local de coñecementos e ferramentas prácticas para recoñecer, comprender e actuar de
forma axeitada ante persoas con TEA en calquera contexto da súa actividade profesional.

Obxectivos específicos
• Coñecer as características xerais do TEA e a súa diversidade dentro do espectro.
• Identificar sinais de alerta ante unha posible crise ou episodio de desbordamento sensorial.
• Adquirir pautas de comunicación e aproximación adaptadas (verbais, non verbais e con apoios visuais).
• Coñecer protocolos de actuación ante situacións habituais: persoas perdidas, intervencións en vía pública, persoas TEA como vítimas, testemuñas ou investigadas.
• Coñecer os recursos e canles de coordinación dispoñibles con FAG e as entidades federadas ante calquera dúbida ou incidencia.
Contido:
1. Que é o TEA: Concepto e características do trastorno do espectro do autismo. Diversidade dentro do espectro. Mitos e prexuízos habituais. Datos de prevalencia en Galicia.

2. Comunicación e sinais de alerta: Particularidades da comunicación verbal e non verbal. Hiperreactividade sensorial. Como recoñecer unha crise ou un episodio de desbordamento. Uso de apoios visuais e pictogramas.

3. Protocolos de actuación policial: Pautas de aproximación e trato. Xestión da desescalada en situacións de crise. Actuación ante persoas desaparecidas ou perdidas en espazos públicos. TEA como vítima, testemuña ou persoa investigada: garantías e adaptacións. Coordinación con familias e recursos especializados (FAG e entidades federadas).

4. Casos prácticos: Traballo con supostos reais e simulacións dirixidas. Posta en común e resolución de dúbidas operativas.
Persoas destinatarias:
- Corpo da Garda Civil
- Corpo Nacional de Policía
- Corpos de Policía Local
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia
- Corpo da Garda Civil - Xeneral
- Corpo da Garda Civil - Alférez
- Corpos de Policía Local - Alumno/a cursos selectivos
- Corpo da Garda Civil - Brigada
- Corpo da Garda Civil - Cabo
- Corpo da Garda Civil - Capitán
- Corpo Nacional de Policía - Comisario/a
- Corpos de Policía Local - Policía
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia - Policía
- Corpo da Garda Civil - Sarxento/a
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia - Subinspector/a
- Corpo Nacional de Policía - Subinspector/a
- Corpos de Policía Local - Superintendente/a
- Corpo da Garda Civil - Tenente Coronel
- Corpo da Garda Civil - Tenente/a
- Corpo Nacional de Policía - Comisario/a Principal
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia - Comisario/a
- Corpo da Garda Civil - Comandante
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia - Comisario/a Principal
- Corpo da Garda Civil - Coronel
- Corpo da Garda Civil - Garda Civíl
- Corpo Nacional de Policía - Inspector/a
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia - Inspector/a
- Corpos de Policía Local - Inspector/a
- Corpos de Policía Local - Inspector/a Principal
- Corpos de Policía Local - Intendente/a
- Corpos de Policía Local - Intendente/a Principal
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia - Inspector/a Xefe/a
- Corpo Nacional de Policía - Inspector/a Xefe/a
- Corpo Nacional de Policía - Oficial
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia - Oficial
- Corpos de Policía Local - Oficial
- Corpo Nacional de Policía - Policía