Xornada intensiva de iniciación ao grappling policial

Código: 261016
Data de inscrición: 28/02/2026 - 30/04/2026
Número da edición: 1
Horas lectivas: 8
Prazas: 30
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 14/05/2026 - 14/05/2026
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 1 (de 9 a 11 h) e tatami
Horario: De 09.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h
Días: 13.05.2026
Obxectivos:
A finalidade desta xornada formativa é mostrar aos axentes técnicas e tácticas fundamentais do Grappling (loita corpo a corpo) adaptadas á contorna policial. O obxectivo é capacitar ao axente para controlar, inmobilizar e conducir a un individuo que ofrece resistencia activa ou pasiva, resolvendo a intervención coa máxima seguridade e aplicando os principios de proporcionalidade, congruencia e oportunidade.
Búscase reducir a necesidade de recorrer a técnicas de impacto (golpeo) ou ao uso de medios de dotación en situacións onde o control físico é a opción máis viable e segura, minimizando o risco de lesións tanto para o axente como para o intervido.

Obxectivos específicos
Ao finalizar as 8 horas de formación, o/a axente traballaría:
- A xestión da distancia curta e o "clinch" (agarres) nunha intervención.
- O uso de desequilibrios e controis para levar a un individuo ao chan de forma controlada (proxeccións e derribas de baixo risco).
- O establecemento e mantemento de posicións de control dominante no chan (control lateral, montada, control de costas).
- A aplicación de técnicas de transición para mellorar a súa posición durante un forcexo.
- A defensa eficaz desde posicións desfavorables no chan.
- A integración das técnicas de engrilletamiento desde unha posición de control no chan.
- A aplicación de técnicas de retención da arma de lume e defensa persoal en situacións de loita no chan.
Contido:
O curso estrutúrase en catro bloques modulares que cobren de forma progresiva as fases dunha intervención corpo a corpo.

Módulo 1: Principios básicos e control en pé (Clinch)
- Posición de garda e xestión da distancia (entrevistas e transicións).
- Control de bonecas, cóbados e control cervical ("Thai clinch" policial).
- "Esgrima" (Underhooks / Overhooks): como gañar a posición dominante no agarre.
- Rotura de agarres (agarres á roupa, ao cinto de dotación ou ao axente).

Módulo 2: Transicións ao chan (derribas e conducións)
- Principios do desequilibrio (Kuzushi).
- Derribas policiais de baixo impacto (evitando proxeccións de alta amplitude).
- Técnicas de condución ao chan mediante puntos de presión e control articular.
- Transición segura do control en pé ao control en chan.

Módulo 3: Control e dominio en chan
- Concepto de "supervivencia no chan": a prioridade é levantarse ou dominar.
- Posicións de control fundamentais:
o Control lateral (100 quilos).
o Montada (posición superior).
o Control de costas (con e sen ganchos).
- Transicións fluídas entre posicións de control.
- Defensa e evasión desde posicións inferiores (garda).

Módulo 4: Aplicación táctica e resolución
- Técnicas de engrilletamiento en posición prona (boca abaixo) e supina (boca arriba) baixo resistencia.
- Defensa e retención da arma de lume (funda) durante o forcexo no chan.
- Uso do cinto de dotación como elemento de control durante o Grappling.
- Resolución de escenarios simulados (stress drills).
Persoas destinatarias:
- Corpo da Garda Civil
- Corpo Nacional de Policía
- Corpos de Policía Local
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia
- Corpo da Garda Civil - Xeneral
- Corpo da Garda Civil - Alférez
- Corpos de Policía Local - Alumno/a cursos selectivos
- Corpo da Garda Civil - Brigada
- Corpo da Garda Civil - Cabo
- Corpo da Garda Civil - Capitán
- Corpo Nacional de Policía - Comisario/a
- Corpos de Policía Local - Policía
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia - Policía
- Corpo da Garda Civil - Sarxento/a
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia - Subinspector/a
- Corpo Nacional de Policía - Subinspector/a
- Corpos de Policía Local - Superintendente/a
- Corpo da Garda Civil - Tenente Coronel
- Corpo da Garda Civil - Tenente/a
- Corpo Nacional de Policía - Comisario/a Principal
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia - Comisario/a
- Corpo da Garda Civil - Comandante
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia - Comisario/a Principal
- Corpo da Garda Civil - Coronel
- Corpo da Garda Civil - Garda Civíl
- Corpo Nacional de Policía - Inspector/a
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia - Inspector/a
- Corpos de Policía Local - Inspector/a
- Corpos de Policía Local - Inspector/a Principal
- Corpos de Policía Local - Intendente/a
- Corpos de Policía Local - Intendente/a Principal
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia - Inspector/a Xefe/a
- Corpo Nacional de Policía - Inspector/a Xefe/a
- Corpo Nacional de Policía - Oficial
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia - Oficial
- Corpos de Policía Local - Oficial
- Corpo Nacional de Policía - Policía
Requisitos:
Material individual do alumnado: uniforme de traballo ou pantalón e camisa táctica, cinto de dotación (sen arma real), chaleco antibalas, luvas, grilletes e calzado de tatami (opcional). Aconséllase, auga para hidratación.