Reciclaxe de socorrismo en espazos acuáticos naturais

Código: 252120
Data de inscrición: 08/04/2025 - 21/04/2025
Número da edición: 3
Horas lectivas: 16
Prazas: 35
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 26/04/2025 - 27/04/2025
Lugar: Cervo (Lugo)
Localización: AGASP
Clase ou local: Teoría: Aula da Casa da Cultura de San Ciprián-Cervo / Prácticas: Piscina Olímpica Municipal de Leiro
Horario: 10.00-14.00 e 16.00-20.00
Días: 26 e 27 de abril de 2025
Obxectivos:
Actualizar a formación necesaria para a renovación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia creado polo Decreto 104/2012, do 16 de marzo, modificado polo Decreto 35/2017, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.
Contido:
• Módulo MF0269_2: Natación (4 horas)
• Módulo MF1082_2: Prevención de accidentes en espazos acuáticos naturais (4 horas)
• Módulo MF1083_2: Rescate de accidentados/as en espazos acuáticos naturais (4 horas)
•Módulo MF0272_2: Primeiros auxilios (4 horas)
Persoas destinatarias:
- Socorrista
Destinatarios específicos:
Persoas inscritas no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia que teñan que renovar a incrición.
Requisitos:
Quedan EXCLUIDAS desta convocatoria as persoas que obtiveron a inscrición de forma provisional no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia a través do establecido na disposición transitoria única do mencionado Decreto 104/2012, do 16 de marzo, modificado polo Decreto 35/2017 de 30 de marzo.
O alumnado admitido deberá traer: gorro e gafas de natación, bañador, chanclas e útiles persoáis de aseo

CRITERIOS XERAIS DE SELECCIÓN:
1. A selección realizarase tendo en conta a data de caducidade da inscrición na correspondente sección do Rexistro profesional de socorristas acuáticos de Galicia, tendo preferencia a data anterior sobre a posterior.
2. En caso de empate terase en conta a orde de presentación das solicitudes.
3. Na selección reservarase o 50% das prazas para solicitantes mulleres que reúnan os requisitos establecidos na convocatoria, segundo o disposto no artigo 50 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.
Inscrición:
Gratuita
Publicacións admitidas:
RENUNCIAS
- A renuncia deberase comunicar por escrito ao correo electrónico: formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal, co fin de poder cubrir a vacante.
- Si renuncia con menos de 3 días hábiles ao inicio do curso, ten que ser por causa de forza maior xustificada documentalmente.
- De non comunicar a renuncia a persoa seleccionada será penalizada coa non admisión en cursos da Agasp durante o prazo de (6) meses. No suposto de reincidencia en máis de un curso o prazo será de doce (12) meses.