Seguridade na extinción de incendios forestais

Código: 242173
Data de inscrición: 26/09/2024 - 03/10/2024
Número da edición: 1
Horas lectivas: 12
Prazas: 80
Modalidade: En liña
Data inicio - fin: 25/10/2024 - 12/11/2024
Contido:
1. Estatística en relación á seguridade de incendios forestais (1 hora)
2. Normativa en relación á seguridade de incendios (1 hora)
3. Predición do comportamento e patróns de propagación do lume (1 hora)
4. Normas de seguridade en incendios forestais. (5 horas)
- Prevención de riscos e accidentes laborais
- Protocolo OACEL
- O factor humano
5. A seguridade no manexo de autobombas (1 hora)
6. Conceptos hidráulicos (1 hora)
7. Teoría de manobras de autoprotección (1 hora)
8. Protocolo da prevención do COVID-19 (1 hora)
Persoas destinatarias:
- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia
Destinatarios específicos:
- Persoal laboral e funcionario do Servizo de prevención e extinción de incendios da Xunta de Galicia
Requisitos:
Criterios de selección propios da Agasp:
1º De acordo ca Lei da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, reservarase un 50 % das prazas para mulleres que reúnan os requisitos esixidos na convocatoria.
2º Menor número de actividades feitas na Agasp nos últimos 2 anos.
3º Data e hora na presentación de solicitudes
4º Non se admiten os solicitantes que fixeron o curso nos derradeiros 3 anos.
Inscrición:
gratuita
Publicacións admitidas:
RENUNCIAS
A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal